Arzúa o destino verde de Galicia

Tarxeta Benvida 2020

21 enero, 2020

A Consellería de Política Social establece as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS NADOS, ADOPTADOS/AS OU DECLARADAS EN SITUACIÓN DE GARDA CON FILLOS ADOPTIVOS NO ANO 2020.

A contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla.

A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida. Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, ópticas, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e productos para a infancia.

Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:

1. Ter fillas ou fillos nados no ano 2020.

2. Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as no ano 2020.

3. Así mesmo, poderán beneficiarse da axuda as galegas ou galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residindo fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2020.

O prazo de presentación de solicitude será de 2 meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.

Para poder tramitar á solicitude e para máis información poderán pasar polos Servizos Sociais do Concello, PREVIA CITA.

Last modified: 24 enero, 2020

Comments are closed.