Arzúa o destino verde de Galicia

Aula CeMIT


Este é o espazo da Aula CeMIT do Concello de Arzúa, pertencente ao proxecto da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia que ten coma obxectivo o achegamento das novas tecnoloxías aos habitantes de Arzúa.

Nesta sección poderá coñecer a actualidade da aula e o catálogo de actividades así como o horario de aula aberta ao público e outros servizos do centro.

Os cursos son a actividade principal da Aula CeMIT de Arzúa e agrúpanse en dous eixos principais:

Alfabetización dixital: A planificación destes cursos establécese mes a mes, e variará segundo a demanda dos usuari@s. Así mesmo, os interesados en realizar algún curso recollido neste programa formativo, poderán poñerse en contacto co axente TIC e solicitar a súa celebración. Os cursos de alfabetización dixital están organizados en distintas categorías temáticas:

Cursos de multimedia e audiovisuais: Os cursos emítense desde o Centro Multimedia de Galicia (CMG) e as aulas con sistema de videoconferencia avanzado da Rede CeMIT. O obxectivo último do programa é garantir unha formación de calidade, cos mellores profesionais en cada campo, e achegar ao maior público posible, desde as grandes capitais ata as localidades máis afastadas. O programa de cursos Multimedia e audiovisual para o 2012 da Rede CeMIT, está formado por microactividades e actividades relacionadas coas temáticas seguintes:

Máis información: Rede CeMIT

A maiores das actividades formativas, o centro oferta o servizo de Aula Aberta que ofrece a posibilidade á cidadanía de acceder de maneira libre e gratuíta ás instalacións CeMIT e utilizar o equipamento que nelas se atopa despregado. Desta maneira, e dentro dun horario claramente establecido, os usuari@s poderán facer uso libre dos equipos para as súas necesidades particulares: procura de emprego, facer retoques nas súas fotografías, formación online, consulta de correo electrónico, navegación por Internet, etc. Como apoio adicional, a Axente TIC asesorará e axudará aos usuarios nas súas dúbidas e problemas tecnolóxicos cando estes necesíteno.

A aula CeMIT de Arzúa conta cunha capacidade para 40 persoas.

Equipamento:

o 20 postos informáticos con lector de DNI electrónico, DVD, Monitor TFT de 17″, Headset con micrófono e control de volume Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
o 1 posto de profesor con Lector de DNI electrónico, DVD gravador, Monitor TFT, Headset con micrófono e control de volume, Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
o Impresora láser color
o Proyector con pantalla de proxección motorizada
o Pantalla de plasma de 42″
o Rack Multimedia con:
– Mesa de misturas de audio
– Amplificador
– DVD-RW con TDT
– Videoconferencia
o Micrófonos de mesa e inalámbricos
o Altavoces
o 2 cámaras motorizadas
o Pantalla tactil para control audiovisual e de luces
o Rede Wifi


Novas:

Programación de actividades da Aula CeMIT

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para novas actividades formativas en novas tecnoloxías. Trámites dixitais, redes sociais, dispositivos móbiles, charlas da escola galega de consumo ou cursos de iniciación a informática e a internet son algúns dos cursos ofertados. A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo …

Charla “Contratación de seguros” na aula CeMIT de Arzúa

A aula CeMIT do Concello de Arzúa en colaboración ca Escola Galega de Consumo e a OMIC do Concello de Arzúa emitirá o vindeiro luns, día 6 de maio, ás 12:00 a charla “Contratación de seguros: Conceptos básicos, tipoloxía e reclamacións”, enfocada a coñecer os conceptos básicos aplicables á contratación dos seguros antes de adquirilos …

Programación Aula CeMIT (xaneiro-marzo 2017)

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para nove novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas . O 25 de xaneiro comeza o curso de “Primeiros pasos informáticos” e o 31 de xaneiro «Aprende a usar o teu Smartphone» . Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 …

Cursos Aula CeMIT (outubro – decembro)

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dez novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas : Tres obradoiros para aprender a usar o smartphone , dous cursos de iniciación á informática e a internet enfocados a asistentes sen coñecementos previos ou moi básicos, un curso de mecanografía, un …

Programación Aula CeMIT meses de agosto e setembro

Programación Outubro na Aula CeMIT de Arzúa

Durante o presente mes de outubro van ter lugar os seguintes cursos gratuítos: FAITE DIXIT@L!. CONFIGURACIÓN DE DISPOSITIVOS E USO DE APLICACIÓNS MÓBILES. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán o funcionamento e configuración dos teléfonos móbiles intelixentes (Smartphone) así como aplicacións que lle farán a súa vida máis sinxela. Este curso forma parte do proxecto «Faite …

Programación Setembro na Aula CeMIT de Arzúa

Durante o presente mes de setembro van ter lugar os seguintes cursos gratuítos: CREA O TEU BLOG. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán o que é un blog, como funciona e utilizarán esta ferramenta de publicación web sinxela e gratuíta. Datas: do 1 ao 12 de setembro. Os luns, mércores e venres. Horario: 16:30 ás 18:00 horas. INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET. Este …

Obradoiro de Fórmate por Internet e Retoca as túas Fotos na Aula CeMIT de Arzúa

  Na terceira semana do mes de xullo, a partir do 14 de xullo, van dar comezo dous novos cursos gratuítos: FÓRMATE POR INTERNET. Durante este obradoiro os asistentes coñecerán as distintas plataformas e recursos presentes na Internet para formarse de xeito gratuíto en materias como idiomas, novas tecnoloxías e outras temáticas. Esta actividade terá …

Obradoiro de Skype e Twitter na Aula CeMIT de Arzúa

    Na segunda semana do mes de xullo vanse realizar dous cursos gratuítos desde o día 7 de xuño e ata o 11 de xullo: COMUNÍCATE POR INTERNET: SKYPE. Este curso terá lugar do luns 7 ao venres 11 de xullo en horario de tarde das 16:30 ás 18:00 horas. Durante o obradoiro os asistentes verán …

Obradoiro de Correo Electrónico e Facebook na Aula CeMIT de Arzúa

Na primeira semana do mes de xullo vanse realizar dous cursos gratuítos desde o día 30 de xuño e ata o 4 de xullo: CORREO ELECTRÓNICO. Terá lugar do luns 30 de xuño e ata o venres 4 de xullo en horario de tarde das 16:30 ás 18:00 horas de luns a venres. Os contidos …

Comments are closed.