Arzúa o destino verde de Galicia

Cultura

O Departamento de Cultura encárgase de elaborar unha programación estable durante todo o ano na que teñen cabida espectáculos de música, teatro, monicreques, maxia, cine, conferencias, exposicións, obradoiros, cursos…

Outras actuacións que se levan a cabo son:

– Tramitación de subvencións
– Xestión de aulas e espazos municipais
– Xestión do Obradoiro Municipal de Danza (Ballet clásico, Danza moderna e Bailes de Salón)
– Organización de actividades e programas culturais: Programación de Nadal e Cabalgata de Reis, Entroido, Mes das Letras Galegas, Arzúa Viva, Día do Neno, Programa Outono a escena…
– Colaboración na organización da Festa do Queixo
– Etc.

Hai que destacar tamén o empeño en que todos estes programas culturais cheguen a todos os veciños e veciñas, promovendo tamén a cultura nas nosas parroquias e organizando actividades para todas as idades.

Novas:

III Feira do Libro: Prazo de inscrición para expositores

Arzúa celebra a terceira edición da Feira do Libro o sábado 4 de abril no casco histórico da vila. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza a terceira edición da Feira do Libro co obxecto de promover o hábito lector e a dinamización cultural e comercial do casco histórico da vila. A cita …

Arzúa bota a andar un novo programa de saídas a balnearios chamado Paseos con saúde

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa bota a andar un novo programa de saídas a balnearios baixo o título Paseos con saúde. As viaxes realizaranse os venres 21 de febreiro e 27 de marzo a Mondariz e Termas de Cuntis, respectivamente. A saída será ás 9:00h e o regreso ás 14:30, aproximadamente. En …

Entroido 2020: Programación completa

CONCELLO DE ARZÚA. DEPARTAMENTO DE CULTURA ENTROIDO 2020 Domingo 16 de febreiro. DESFILE E CONCURSO DE DISFRACES Inicio ás 17:00h. Percorrido: Multiusos Terra do Queixo, Fraga do Rei, Ramón Franco, Pza. de Galiza, Avd. de Lugo, Padre Pardo, regreso ao Multiusos, actuacións e entrega de premios. *En caso de mal tempo, suspéndese o desfile exterior. …

Entroido 2020: Desfile e concurso de disfraces

ENTROIDO 2020 BASES DO CONCURSO DE DISFRACES Con motivo do Entroido 2020 o Concello de Arzúa organiza un desfile o domingo 16 de febreiro ás 17:00h no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis o tradicional concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:   PRIMEIRA. Para participar …

O Concello de Arzúa reparte entre os veciños e veciñas o calendario do ano 2020

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario para o ano 2020 de forma gratuíta. Coincidindo coa Feira de Nadal, este domingo 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes a partires das doce do mediodía na entrada …

Programación de Nadal 2019-2020

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para os meses de decembro e xaneiro unha completa e variada programación de actividades con motivo da celebración das festas do Nadal: DOMINGO 8 DE DECEMBRO DÍA DO COMERCIO LOCAL: promocións, ruta de tapas, actividades infantís, animación de rúa, música… Máis información nos programas de man …

Día do Comercio Local 2019

DÍA DO COMERCIO LOCAL 2019   PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES 12:00 – 14:00h ANIMACIÓN DE RÚA A CARGO DO GRUPO DE GAITAS LUAR DAS AUGAS (Rúas e prazas) 16:00 – 19:00h FESTA INFANTIL E ACTIVIDADES LÚDICAS (Praza de Galiza) Inchables con tobogán Inchable deportivo Atracción ‘Tragabolas’ Tren das Castañas con reparto gratuíto DJ-Animador con realización de xogos …

Arzúa acolle unha xornada de Escape Room dentro do programa Caminos de Ciencia

O Concello de Arzúa, a través do Departamento de Cultura, informa que o vindeiro sábado, 7 de setembro, o Multiusos Terra do Queixo acollerá unha xornada de Escape Room de 17:00 a 20:00h dentro do programa Caminos de Ciencia. Caminos de Ciencia é un proxecto de divulgación científica organizado pola empresa Ceo Aberto e que …

Convocatoria de axudas para o fomento de actividades de carácter deportivo e cultural do Concello de Arzúa.

O Concello de Arzúa informa que a Xunta de Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras da convocatoria ordinaria de subvencións para o fomento de actividades de carácter deportivo e cultural que ascenden a 54.000 euros. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de …

Exposición Bo Camiño 2019

O martes 6 de agosto ás 19:30 horas terá lugar na Capela da Madanela de Arzúa a inauguración da mostra titulada “Bo Camiño”. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa en colaboración con Sumarte, organiza para o mes de agosto a mostra colectiva e multidisciplinar “Bo Camiño” que estará exposta na Capela da Madanlela. …

Comments are closed.