Arzúa o destino verde de Galicia

Programación de actividades da Aula CeMIT

3 febrero, 2020

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para novas actividades formativas en novas tecnoloxías.

  • Trámites dixitais, redes sociais, dispositivos móbiles, charlas da escola galega de consumo ou
    cursos de iniciación a informática e a internet son algúns dos cursos ofertados.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para novos cursos de novas
tecnoloxías de diversas temáticas: Dous obradoiros para aprender a usar o smartphone , un curso de
iniciación a informática e a internet enfocados a asistentes sen coñecementos previos ou moi
básicos. En colaboración con FEGAUS(Federación Galega de Universitarios Séniors): Trámites
dixitais en Internet desde cero,Apps de turismo e gastronomía, dispositivos móbiles e redes sociais
para séniors .
En colaboración coa aula CeMIT de Cuntis ofértase un curso sobre Privacidade na Internet e
dispositivos móbiles, onde se traballará sobre a privacidade e a protección de datos nas redes sociais
e dispositivos móbiles . E reflexionarase sobre que saben Facebook, Google, Microsoft ou Amazon
de min, o dereito ao esquecemento e consellos para mellorar a privacidade . E unha xornada sobre
Noticias Falsas, na que se explicará que son as fake news, o clickbait, os bulos e aprenderase a
contrastar a información antes de compartila .
En colaboración coa Escola Galega de Consumo emitiranse tres charlas: O 9 de marzo ás
12:00 “Consumo responsable e sostible”, o 6 de abril “Contratos e condicións”, onde se falará, entre
outras cuestións, do dereito ao desistimento e cláusulas abusivas, responsabilidade civil por bens e
servizos defectuosos ou as disposicións xerais das contratacións. O luns 4 de maio “Contratos a
distancia e fóra do establecemento mercantil”, onde afondaremos nos dereitos das persoas
consumidoras e usuarias neste tipo de contratacións tan habituais hoxe en día, ben sexa contratación
por teléfono, porta a porta ou online.
A oferta formativa da aula CeMIT para este ano complétase coa oferta de cursos de
iniciación ás novas tecnoloxías para rapaces e rapazas de primaria e a realización de exames para a
certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) .
Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, acudir persoalmente á
aula CeMIT, Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 20:30 e o
venres de 10:30 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal

Last modified: 3 febrero, 2020

Comments are closed.