Arzúa o destino verde de Galicia

Programa ‘Lecer no Rural’ 2014

9 abril, 2014

Cartel OBRADOIROS XOGOS DO MUNDO 2014 - Concello de Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza o programa de actividades ‘Lecer no rural’ que chegará a todas as parroquias do municipio.

Esta iniciativa botará a andar despois do rotundo éxito que no ano 2012 tivo outra das actividades promovidas polo Departamento de Cultura, o obradoiro de xogos populares e tradicionais que contou cunha acollida e participación moi numerosa por parte dos veciños e veciñas do rural. Este novo programa vén afianzar así o firme compromiso do Concello de Arzúa de achegar o ocio e a cultura a todos as parroquias, deste xeito este mesmo sábado terá lugar o Obradoiro de xogos do mundo que ata o vindeiro mes de novembro achegarase a todos os núcleos rurais, centros educativos e casco urbano.

Durante o desenvolvemento da actividade, os participantes terán un coñecemento do tipo de xogos que se realizan noutras culturas, intentando fuxir daqueles que, dada a súa enorme popularidade e longa tradición, son amplamente coñecidos. Un dos obxectivos é tamén fomentar o intercambio xeracional facendo partícipes dos xogos e das dinámicas propostas a grandes e pequenos no que será unha actividade familiar.

O alcalde do Concello de Arzúa, José Luís García, amosou a súa satisfacción por poder pór en marcha iniciativas desta índole que tratan de “dinamizar a vida do rural procurando que os veciños e veciñas conten con actividades entretidas e novidosas para os seus momentos de ocio”.

CALENDARIO DOS OBRADOIROS:

LUGARHORARIODATA
A MELLA16:30 – 18:3012 ABRIL
SAN MARTIÑO16:30 – 18:3026 ABRIL
OÍNS16:30 – 18:3010 MAIO
BRANZÁ16:30 – 18:3031 MAIO
BURRES17:00 – 19:006 XUÑO
CASTAÑEDA17:00 – 19:007 XUÑO
DODRO17:00 – 19:0021 XUÑO
DOMBODÁN17:00 – 19:004 XULLO
FIGUEIROA17:00 – 19:0018 XULLO
TRONCEDA17:00 – 19:0019 XULLO
MAROXO17:00 – 19:008 AGOSTO
VILANTIME17:00 – 19:009 AGOSTO
BOENTE17:00 – 19:0022 AGOSTO
LEMA17:00 – 19:0023 AGOSTO
SAN ESTEVO17:00 – 19:005 SETEMBRO
BRANDESO17:00 – 19:006 SETEMBRO
SANTA MARÍA17:00 – 19:0019 SETEMBRO
VILADAVIL17:00 – 19:0020 SETEMBRO
RENDAL16:30 – 18:304 OUTUBRO
PANTIÑOBRE16:30 – 18:3018 OUTUBRO
VIÑÓS16:30 – 18:308 NOVEMBRO

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.