Arzúa o destino verde de Galicia

PROGRAMA LECER

16 junio, 2020

«PROGRAMA DE CONCILIACIÓN NO VERÁN: AULA DE LECER

Este ano o programa de conciliación do Concello de Arzúa terán uns condicionantes especiais debido á pandemia do COVID 19. Faremos unha medida estrictamente de conciliación, para que as nais e os pais que traballen teñan un recurso público que lles axude a conciliar, mais se non traballas mais tes problemas determinados para poder atender aos meniños, podes inscribirte e o teu caso será valorado polo persoal técnico do CIM.

Prégase que cubran tódolos datos que aparecen na solicitude.

Documentación a achegar: DNI/NIE dos proxenitores se conviven xuntos, no caso de non convivencia o DNI/NIE do proxenitor que solicite o programa; tarxeta sanitaria da/o menor; informe da empresa que especifique que a nai e o pai están traballando, ben de maneira presencial, ou ben por teletraballo, no caso de ser autónomo ou do réxime especial da agraria, cubrir a declaración responsable. Se algún proxenitor ten problemas para conseguir o certificado ou informe da empresa, que especifique no apartado de INCIDENCIAS, onde traballa e cal é o problema e que cubra a declaración responsable.

Prazo de inscrición: do martes 16 ao venres 19 de xuño

Inscrición, a través da Sede electrónica do Concello, do Rexistro municipal ou de calquera outro rexistro de administracións públicos, por correo certificado ou segundo sinalada a normativa actual.

Haberá unha REUNIÓN INFORMATIVA o DÍA 29 DE XUÑO. Avisarase por correo electrónico ( e en caso de non telo, por teléfono) a tódalas persoas admitidas da hora concreta.

[/su_table]
decreto alcalde aprobanco bases do programa lecer
sOLICITUDE vers. 5 corrixida

Last modified: 16 junio, 2020

Comments are closed.