Arzúa o destino verde de Galicia

O Concello de Arzúa pon a disposición da veciñanza ferramentas de apoio para realizar trámites dixitais.

7 febrero, 2020

Da man da axente PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña e da Aula CeMIT ofreceranse charlas e un espazo de resolución de dúbidas sobre administración electrónica e certificados dixitais.

O Concello de Arzúa pon a disposición da veciñanza e das asociacións locais ferramentas de apoio para realizar trámites dixitais e solicitar subvencións a través da sede electrónica municipal e da plataforma Subtel da Deputación Provincial.

Por unha banda, a axente PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña estará a disposición das persoas interesadas os días 10 e 25 de febreiro no segundo andar da Casa do Concello. O horario será de 10:00 a 11:00h para resolver dúbidas sobre a sede elctrónica e de 11:00 a 12:00h sobre a plataforma Subtel, a través da cal se solicitan subvencións á Deputación.

Por outra banda, desde a Aula CeMIT do Concello de Arzúa programan para este mes varias charlas sobre administración electrónica e certificados dixitais baixo o título Trámites dixitais na Internet desde cero. As mesmas levaranse a cabo na propia aula de 10:30 a 11:30h e son as seguintes: Como usar o DNI electrónico e o DNI 3.0 (lector e smartphone) o martes 11 de febreiro, Trámites online sen certificado dixital o xoves día 13, Trámites online con certificado dixital o martes 18, Copias de seguridade e consellos de uso do certificado dixital o xoves 20, Como utilizar o certificado dixital e o DNI 3.0 no teu móbil o martes 25 de febreiro e Sinatura de documentos electrónicos co teu certificado dixital o xoves 27 de febreiro.

Estas charlas son de balde e requiren de inscrición previa na propia Aula CeMIT, chamando ao 981 500 447 ou escribindo a cemit.arzua@xunta.gal.

Last modified: 7 febrero, 2020

Comments are closed.