Arzúa o destino verde de Galicia

Entroido 2020: Desfile e concurso de disfraces

17 enero, 2020

ENTROIDO 2020

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES

Con motivo do Entroido 2020 o Concello de Arzúa organiza un desfile o domingo 16 de febreiro ás 17:00h no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis o tradicional concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:

 

PRIMEIRA. Para participar é obrigatorio inscribirse previamente podendo facelo:

  • No Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981500222 ata o 14 de febreiro, en horario de 8:30 a 14:30h.
  • No Multiusos Terra do Queixo o mesmo día do concurso de 15:30 a 16:30h.

 

SEGUNDA: Haberá catro modalidades:

– Comparsa: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo.

– Grupo: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 2 e 8 compoñentes representando un mesmo motivo.

– Individual infantil: nesta modalidade poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 16 anos.

– Individual adulto: nesta modalidade poderán participar persoas de 17 anos en diante.

As comparasas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil (carro, tractor, remolque…). A altura máxima será de 3 metros para entrar no recinto.

A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría.

 

TERCEIRA: Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son:

Comparsas

Grupos

Individual Infantil

Individual Adulto

1º: 550 €

2º: 300 €

3º: 150 €

1º: 300 €

2º: 200 €

3º: 120 €

1º: 120 €

2º: 80 €

 

1º: 120 €

2º: 80 €

 

 

O xurado tamén concederá un premio simpatía de 100 euros a un grupo ou comparsa do municipio e que non acadara ningún dos premios anteriores.

 

CUARTA: A cualificación das distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso que estará composto por catro representantes nomeados polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

 

QUINTA: Durante o desenvolvemento do concurso, o xurado valorará:

Comparsas e Grupos:

– Vestiaro e maquillaxe 0 a 4 puntos

– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos

– Orixinalidade 0 a 3 puntos

– Coreografía e múica 0 a 3 puntos

– Organización e efecto do conxunto 0 a 3 puntos

– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

Disfraces Individuais (infantís e adultos):

– Orixinalidade do vestiario 0 a 4 puntos

– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos

– Maquillaxe 0 a 2 puntos

– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

 

SEXTA: Desenvolvemento do concurso:

Os participantes deberán presentarse no Multiusos Terra do Queixo como mínimo media hora antes da saída. En caso de que o tempo o permita, farase un desfile exterior que rematará no Multiusos Terra do Queixo onde os participantes disporán de 2 minutos para actuar, se así o desexan.

No caso de que o mal tempo obrigue a suspensión do desfile exterior, cada particpante disporá dun máximo de 3 minutos para desfilar e actuar no interior do Multiusos.

Os participantes que precisen de música para a actuación deberana traer en formato USB.

A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do concurso, unha vez feita a avaliación polo Xurado.

 

SÉTIMA: A orde de saída e de actuación será coincidindo coa orde de inscrición nas diferentes modalidades (individual infantil, individual adulto, grupos e comparsas).

 

OITAVA: A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

 

Os presentes premios serán outorgados con cargo á partida orzamentaria 334.480.02 do vixente orzamento, ata o límite de 2.120 euros.

Os premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

 

En Arzúa, 14 de xaneiro de 2020.

 

 

José Luís García López

Alcalde do Concello de Arzúa

 

BASES CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2020 Concello de Arzúa

Last modified: 24 enero, 2020

Comments are closed.