Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa continúa visibilizando a figura de Ricardo Carvalho Calero

21 mayo, 2020

Música e literatura da man de Uxía García Conde para homenaxear ao escritor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

 

Arzúa, 21 de maio de 2020.  O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo a programación para conmemorar neste mes de maio as Letras Galegas con diversas actividades virtuais a través das redes sociais.

Despois de desfrutar das tres actividades realizadas ata o momento e que superaron as 2.500 reproducións e lograron un alcance de preto de 7.000 persoas, a quenda para este sábado, día 23 de maio, é para a nosa veciña Uxía García Conde, estudante de filoloxía galega e graduada en música na especialidade de frauta travesa polo Conservatorio Superior de Música da Coruña, que nos ofrecerá unha proposta moi especial para continuar homenaxeando e visibilizando a figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano.

Uxía faráo mesturando música, literatura, pasaxes da vida do escritor, cortes de voz do propio Carvalho Calero e moitas curiosidades máis nunha emisión que durará arredor de vinte minutos.

Esta actuación comezará ás 19:00h e emitirase en estrea na páxina de Facebook Cultura Concello de Arzúa.

Last modified: 21 mayo, 2020

Comments are closed.