Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa bota a andar un novo programa de saídas a balnearios chamado Paseos con saúde

10 febrero, 2020

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa bota a andar un novo programa de saídas a balnearios baixo o título Paseos con saúde.

As viaxes realizaranse os venres 21 de febreiro e 27 de marzo a Mondariz e Termas de Cuntis, respectivamente. A saída será ás 9:00h e o regreso ás 14:30, aproximadamente.

En cada sesión poderase gozar da instalación de maneira libre durante un tempo máximo de dúas horas, pasando pola súa piscina activa con camas de auga, bancos de hidromasaxe, pescozos de cisne, chorros verticais, sauna, jacuzzis, etc.

O Concello encárgase do transporte e organización das saídas e as persoas inscritas custearán a entrada ao balnario correspondente. Póñense a disposición das persoas interesadas un total de 55 prazas por cada excursión que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición e deberá haber un mínimo de 15 inscritos.

Segundo se indica dende o Departamento de Cultura, todas aquelas persoas que desexen apuntarse á primeira saída organizada para o vindeiro 21 de febreiro a Mondariz, poden facelo a partir deste venres, 14 de febreiro, entre as 8:30 e as 14:30h na Oficina de Cultura e Deportes, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante.

Lembren que o a Oficina de Cultura e Deportes está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Padre Pardo nº 33, 1º andar (ao carón de Radio Arzúa). Para máis información, poden chamar ao número de teléfono 981 500 222.

Last modified: 10 febrero, 2020

Comments are closed.