Arzúa o destino verde de Galicia

XUVENTUR 2017

19 septiembre, 2017

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa

INFORMA
Que a Axencia Turismo de Galicia e a Consellería de Política Social poñen en marcha o programa XUVENTUR 2017.

Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.

Está dirixido á xente nova que teña entre 18 e 30 anos no momento da solicitude do programa.

O programa, que É GRATUITO, inclúe:
* Aloxamento en establecementos rurais durante os fins de semana de outubro (dende a tardiña do venres ata a mañá do domingo).
* Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo.
* Programa de actividades, equipo técnico responsable e material preciso para o desenvolvemento das actividades.

A reserva de prazas efectuarase únicamente por vía telefónica, e en horario de 9:00 a 14:00 horas, nos teléfonos 881 999 025 ou 981 545 293. En cada chamada só se poderá asignar un máximo de duas persoas.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada das chamadas ata agotar todas as disponibles por programa.

ESTABLECEMENTOS INCLUIDOS NO PROGRAMA:

* Casa Rural San Cibrán, en Carnota.
* Hotel Fraga do Eume, en A Estoxa – A Capela.
* Hotel Piornedo nos Ancares.
* Casa do Ferreiro en Seoane do Courel.
* Hotel Oca Manzaneda. A Pobra de Trives.
* Centro Aviva, As Maus de Salas en Muíños.

Para máis información en:
http://xuventude.xunta.es/images/Novas/Setembro2017/Folleto_Xuventur_2017.pdf
OMIX Concello de Arzúa

Last modified: 19 septiembre, 2017

Comments are closed.