Arzúa o destino verde de Galicia

XUVENTUDE CREA 2016

27 Abril, 2016

Cartel ARZÚA VENDE 2016

O Concello de Arzúa organiza para o sábado 14 de maio a 5ª feira de segunda man, buy information pills artesanía e oportunidades ‘Arzúa Vende’.

O evento contunuará co obxectivo de convertirse nun marco de compra e venda de artigos usados de segunda man, shop de artesanía e, drugs este ano como novidade, intégrase no evento unha zona de oportunidades para darlle a posibilidade aos comercios da comarca de vender artigos en liquidación e restos de tempada a prezos reducidos.

PROGRAMA:

9:00         Entrada de expositores

11:00       Apertura da feira (Zona de segunda man, zona de artesanía e zona de oportunidades)

12:00       Chegada da concentración de coches clásicos

Exposición de coches clásicos (ata as 18:00h)

12:00      Obradoiro infantil de marcapáxinas a cargo de ‘Tximeleta Artesanía’

De 6 a 12 anos. Inscrición previa no 981 500 222 e durante a feira. Prazas limitadas.

16:30       Inchable gratuíto

18:00       Concerto de música infantil ‘Xente miúda, moita fartura’ de Pablo Díaz

20:00       Peche da feira

Monólogo ‘Galego pode selo calquera’ a cargo de Alberte Montes

 

LISTADO DE EXPOSITORES:

-SEGUNDA MAN
1. El Cofre de Eddie
2. Mini Euro
3. Laura Orois
4. Libros Solidarios
5. Segunda man
6. Curiosidades
7. Miguel Blanco
8. GTU2000Clasic
9. Roupa de segunda man
10. Antigüidades Paula
11. Javier Ibargüen
12. Francisco Castelo
13. Helena Salgado
14. Pilar García
15. Inés Salgado
16. Clara Rosón
17. Couso Pardo
18. Nela e Lía
19. Begoña Vázquez

-ARTESANÍA
20. Os Alegres
21. Tximeleta Artesanía
22. Disvaro
23. AMARAI
24. Vanessadas
25. María Calvo
26. Me caigo muerta!!
27. Moura
28. Amalia Tejas Decoradas
29. Viodivinitys
30. Labores Carmen
31. Kitakuxa Artesanía
32. Feitizo
33. Dana y Aine Complementos
34. Griales de León
35. Manuel Fernández
36. Imaginaciones Vigon
37. A`Bokados Coiro
38. Nobelo a nobelo
39. Maxcramé
40. Eva Corral
41. Teresa Filgueiras
42. Chorima
43. Las monadas de Ana

-OPORTUNIDADES
44. Libraría Rico
45. El Vestidor
46. A tenda das de Burres
47. Miss Zapatos
48. Et Voilà
49. Tu Casa
50. Lage Moda
51. Boutique Sari
52. Deportes López
53. Pretty Woman

 

DESCARGAS RELACIONADAS:

CARTEL PROMOCIONAL

PROGRAMA DE MAN

 
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa INFORMA que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o Programa Xuventude Crea nas especialidades de teatro, ed
artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.

Poderán participar mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2016.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de xuño de 2016.

Premios por cada unha das especialidades:
– Un primeiro premio de 3.000 €.
– Un segundo premio de 1.500 €.
– Un terceiro premio de 1.000 €.
As obras das persoas participantes premiadas quedarán en posesión da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Teatro:
Poderán concorrer grupos teatrais, non profesionais, compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016. Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre os 14 e 16 anos.

Artes plásticas:
Establécense as seguintes modalidades: pintura e escultura.
Deberase presentar unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD. No caso de obras escultóricas, as fotografías deberán presentarse desde diferentes perspectivas para que se poida realizar a valoración adecuada delas.

Fotografía:
As persoas participantes presentarán Unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD. As obras orixinais serán requiridas ás persoas participantes só no caso de que fosen seleccionadas para a exposición ou previamente cando, a xuízo da comisión, sexa necesario velas co fin de outorgar os premios.

Música:
Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea.
Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos/as participantes que se presenten como solistas.

Relato breve:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
O tema será libre.
As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10, mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4, e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar. As obras deberán presentarse tamén en CD.

Poesía:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
O tema e a técnica serán libres.
As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100, a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4 e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar. As obras deberán presentarse tamén en CD.

Videocreación:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
Quedan excluídas deste certame todas as obras que teñan concedidas axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes.
O tema será libre, máis deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fora dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade.

Banda deseñada:
As obras serán orixinais e inéditas.
A temática será libre, con textos en galego.
A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor.
O formato deberá ser en DIN A-4 ou DIN A-3 e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. En caso de que a obra fose feita en formato dixital, á parte dunha versión impresa deberá xuntarse un CD ou DVD cos arquivos orixinais.
Cada obra deberá levar pseudónimo e título.

Graffiti:
As obras serán orixinais, inéditas e, de ter texto, este estará en galego.
O tema e a técnica serán libres.
Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.

Deseño de xoias:
A colección debe ser orixinal e estará composta por 3 xoias. O acabamento das pezas debe traballarse en metal con pezas de xoiaría, excluíndo a utilización de fornituras compradas.
Os/as participantes presentarán unha fotografía de cada unha das 3 xoias que poderán ser tanto para home como para muller.

Moda:
As coleccións deben ser orixinais.
Os/as participantes presentarán unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas.
Ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.

Cociña:
Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.
Só se admitirá unha receita por participante, sexa individual ou en grupo.
A receita presentada por cada participante –individual ou en grupo- pode ser a elaboración dun prato salgado ou doce. A base do prato será a utilización de produtos avalados polas diferentes denominacións de orixe de Galicia ou ben pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.
As persoas participantes presentarán:
a) A receita, que deberá estar escrita en lingua galega, terá que incluír o título do prato, a relación de ingredientes –avalados, prioritariamente, por algunha das denominacións de orixe de Galicia– e o proceso de elaboración.
b) Unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD.
O tempo de elaboración do prato non poderá exceder as 2 horas.

Máis información no DOG do 22 de abril de 2016 e en https://sede.xunta.es/ co procedemento BS310Q

Last modified: 27 Abril, 2016

Comments are closed.