Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

XUNTANZA DOS/AS NOSOS/AS MAIORES

O Concello de Arzúa organiza para o día 30 de abril de 2016 a 20ª XUNTANZA DOS/AS NOSOS/AS MAIORES, que se celebrará no Recinto Feiral Terra do Queixo de Arzúa co seguinte programa de actos:

13:00 horas Misa campestre.
13:30 horas * Pregón de benvida aos asistentes.
* Entrega de premios á muller e ao home de maior idade.
14:00 horas Xantar ofrecido gratuitamente polo Concello de Arzúa.
17:00 horas Gran baile amenizado por un grupo musical.
20:00 horas Remate dos actos e despedida aos asistentes.

Poderán asistir a dita xuntaza tódas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
* Ser maior de 65 anos,
* Estar empadroado no Concello de Arzúa,
Tamén poderán ser beneficiarios os cónxuxes de quenes reúnan os requisitos anteriores.

Deberán recoller a invitación antes do día 22 de abril, provistos de Documento Nacional de Identidade, da seguinte maneira:
* Para os empadroados no casco urbano, nos Servizos Sociais do Concello.
* Para os empadroados nas Parroquias, mediante os Alcaldes Pedáneos.

Haberá transporte gratuito. O seu percorrido será o mesmo que realiza o transporte escolar e recollerá a xente a partir das 12:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email