Arzúa o destino verde de Galicia

Xornada informativa sobre a solicitude de subvencións municipais a tavés da sede electrónica do Concello

19 junio, 2019

Arzúa organiza unha xornada informativa sobre a solicitude de subvencións municipais a tavés da sede electrónica do Concello.

O Concello de Arzúa, a través dos departamentos de Cultura e Deportes, organiza unha xornada informativa sobre como solicitar as subvencións municipais a través da sede electrónica do Concello.
Dada a obrigatoriedade a partir deste ano de tramitar as axudas municipais para as festas parroquiais e para as actividades deportivas, culturais e educativas a través deste medio electrónico, o vindeiro xoves 27 de xuño terá lugar esta xornada a partir das 20:00h na Aula CeMIT, coñecida como telecentro.
As distintas liñas de subvencións sairán proximamente e para que as directivas das asociacións sen ánimo de lucro do municipio estén debidamente informadas e preparadas, prégase desde o Concello a asistencia.

Last modified: 19 junio, 2019

Comments are closed.