Mañá 25 de setembro terá lugar unha sesión no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela (CDTIC) denominada «Solucións Educativas 3.0” en horario de tarde (16 a 20 horas) e para facilitar a súa difusión vaise retransmitir por videoconferencia no CeMIT de Arzúa.
A empresa organizadora, Dismedia, especializada na achega de innovacións tecnolóxicas para o ensino, estaría interesada en amosar diversas solucións tecnolóxicas innovadoras que permitan aos docentes achegar aos alumnos e alumnas os contidos educativos dun xeito moito máis eficaz, seguro e motivador.
Estas charlas están orientadas nun principio hacia un público específico, neste caso a directores, xerentes ou responsables TIC de colexios e centros de formación privados ou concertados, pero están abertas ao público en xeral e a todas as persoas que teñan interese na temática a tratar.
As persoas interesadas poden dirixirse ao CeMIT de Arzúa polas seguintes vías de contacto:
- Teléfono: 981.500.447
- Correo electrónico: cemit.arzua@xunta.es
- Inscricións e información premendo aquí.