Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Unha exposición sobre arte relixiosa contemporánea centra os actos culturais na Semana Santa en Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para os días de Semana Santa unha exposición de Arte Relixiosa Contemporánea que permanecerá na Capela da Madanela do 12 ao 20 deste mes.
Esta mostra presentouse na Semana Santa de Ferrol 2018 no Museo da Construcción Naval, o máis imporante museo desta temática de España. No pasado verán a mostra permaneceu no espacio cultural do Mosteiro de San Martiño Pinario, o monumento máis importante de Santiago de Compostela despois da Catedral.
Agora, esta colección colectiva e multidisciplinar inaugúrase en Arzúa este venres, 12 de abril, nun acto aberto ao público que se celebrará na Capela da Madanela a partir das 19:30 e que contará cunha desgustación gratuíta de queixo Arzúa-Ulloa e coa presenza de varios dos artistas participantes e da coordinadora do proxecto, Cristina Carballedo.
A exposición tamén abrirá as súas portas os días 13, 15, 16, 17 e 20 de abril en horario de 17:30 a 20:30 con visitas guiadas de balde as 18:00 e as 19:30h.
Nela poderemos ver a representación de Jesús por Alberto Gulias, Mater Humildisima de Isabel Alonso, a crucifixión de Francisco Pazos ou o Cristo dos navegantes de Carlos Barcón. Tamén participan Corín Cervera, as fotografías da Semana Santa de Ferrol de Roberto Marín, Tino Canicoba, Oscar Aldonza, Alvaro de la Vega e Miguel Anxo Macía, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email