Xunta de Goberno Local – Suministración
Data de publicación en web: 30/12/2010
ANUNCIO DE APERTURA (SOBRES C) “SUBMINISTRO DUN VEHÍCULO INDUSTRIAL RECOLECTOR-COMPACTADOR”
De conformidade ao establecido na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe esta contratación, anúnciase que o acto público de apertura da documentación contida nos SOBRES C subtitulados “documentación avaliable de forma automática por aplicación de fórmulas” das proposicións que presentaran as empresas interesadas en participar na contratación do subministro dun VEHÍCULO INDUSTRIAL RECOLECTOR-COMPACTADOR, mediante procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración; celebrarase ás 10.00 horas do día 15 de marzo no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Data de publicación na web: 11-03-2011
Estado do procedemento: Adxudicacións definitivas
Tipo de contrato: procedemento aberto
Prezo licitación: 132.000 euros (IVE INCLUIDO)
Prazo execución: O prazo de entrega sera de 45 días a contar dende a sinatura do contrato.
Prazo de presentación de documentación: Quince días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP ou DOGA)
Publicación no Boletíns Oficiais:
BOP num 5, de data 10 de xaneiro de 2011 BOP (10/1/2011)
DOGA num 20, de data 31 de xaneiro de 2011 DOGA (10/1/2011)
Garantías e gastos aplicables: Definitiva: Por valor do 5% do importe de adxudicación, excluido o IVE.
Lugar e presentación da documentación: No Rexistro Xeral do Concello
Informe de adxudicación:
Adxudicación do contrato:
A Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 08.04.2011 acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia a empresa LOUZAO VEHÍCULOS INDUSTRIALES, S.L., por importe de 131.865 € (IVE incluido).
A formalización do contrato efectuarase dentro dos quince días hábiles seguintes a aquel no que reciban a notificación da adxudicación os licitadores e candidatos.
Formalización do contrato:
En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a través do presente anuncio faise pública a formalización do seguinte contrato:
Tipo de contrato: Contrato de subministro
Denominación: ”Subministro dun vehículo industrial recolector-compactador.
Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Local
Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.
Orzamento de licitación: 132.000euros (IVE incluido)
Data de adxudicación: 8 de abril de 2011
Adxudicatario: LOUZAO VEHÍCULOS INDUSTRIALES CORUÑA, S.L.
Importe de adxudicación: 131.865 euros (111.750 euros, mais 20.115 euros en concepto de IVE ao 18%)
Data de formalización: 15 de abril de 2011.
Prazo de execución: A entrega do vehículo realizarase no prazo de 45 días, a contar desde o día da sinatura do contrato.
Data publicación da adxudicación da formalización do contrato: 18.04.2011
Documentos relaciondos
– PREGO CLAUSULAS ADMINISTATIVAS E PRESCRICIONS TECNICAS (doc, 259,5 kb)