Arzúa o destino verde de Galicia

Servizos Sociais Municipais

Os servizos sociais municipais son o instrumento de protección social que garante a correcta atención das necesidades sociais de toda a poboación do municipio , mediante un grupo de programas, servizos e actividades orientadas a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e de potenciar o benestar social da comunidade.

Actúan para lograr unhas mellores condicións de vida, mediante unha atención integral que utiliza todos os recursos dispoñibles, intentando dar resposta ós distintos problemas de carácter social que presentan as persoas, grupos ou comunidade.

Os Servicios Sociais Municipais de Arzúa están situados na planta baixa da Casa do Concello e están formados por un equipo multidisciplinar que conta cos seguintes profesionais:

Auxiliar Administrativa
Auxiliares de Axuda no Fogar
Educador Familiar
Traballadoras Sociais

Horario de Atención ó Publico
Martes, Mércores e Xoves de 9:00 a 14:00
As citas serán concertadas previamente, nas oficinas de Servizos Sociais ou no teléfono 981815297

Os programas de actuación que desenvolven os Servizos Socias Municipais de Arzúa, son:

Programa de orientación, asesoramento e información
Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos. Inclue as seguintes actuacións:

• Rexistro e toma de datos
• Información
• Valoración.
• Orientación e asesoramento social
• Tramitación.
• Derivación.
• Información e concienciación social.

Programa de axuda no fogar (hipervínculo a Ordenanza)
O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.

• Xantar na Casa
• Teleasistencia Domiciliaria
• Podóloxía

Programa de inserción social
Prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.

Programa de animación, prevención e cooperación social
Facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas tendentes a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado

• Actividades de Ocio nas Parroquias
• Programa de Alfabetización
• Excursións para a Terceira Idade
• Festa dos Maiores

Programa de Educación Familiar
O Programa de Educación Familiar consiste no traballo, por parte dun técnico especializado, con familias ou persoas nas que se detectan hábitos contraproducentes ou carencias nas súas aptitudes básicas. A maioría das actuacións realizanse a partir da vida cotidiana da persoa ou do grupo familiar no seu fogar, xa que é aquí onde as conductas desadaptadas se crean e se manteñen.

Novas:

PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que a Consellería de Política Social convoca prazas para estadías e tratamento termal dentro do PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017.
Serán beneficiarios das prazas as persoas que reunan os seguintes requisitos:
Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da …

0 comentarios

UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA.

O vindeiro día 13 de febreiro de 2017, desprazarase ata o campo da feira do Concello de Arzúa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia para levar a cabo unha campaña de doazón de sangue.
O seu horario é de 10:00 ás 14:00 horas, e de 16:00 ás 21:00 horas,
Agradecemos a túa doazón e …

0 comentarios

PROGRAMA TERMALISMO DO IMSERSO

Aberto o prazo para o Programa de Termalismo do IMSERSO para o ano 2017.
Requisitos
1.- Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema da Seguridade Social.
2.- Ser pensionista de viudedade con 55 ou máis anos de idade.
3.- Ser pensionista doutros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 66 ou máis anos de …

0 comentarios

UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

Os vindeiros días 28 e 29 de outubro de 2016, desprazarase ata o campo da feira do Concello de Arzúa, unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia para levar a cabo unha campaña de doazón de sangue.
O seu horario é
O VENRES 28 de outubro de 10:00 ás 14:00 horas, e de 16:00 ás …

0 comentarios

Comments are closed.