Arzúa o destino verde de Galicia

Turismo

Arzúa ofrécelle ao visitante a posibilidade de gozar de diversas áreas de recreo e de coñecer a pegada que a cultura romana e, en especial, a cultura xacobea deixaron no seu territorio.

Polo terreo arzuán repártense multitude de capelas e igrexas nas que aínda se conserva parte da súa antiga fábrica románica e os retablos que ornan os seus altares proceden, cando menos, do século XVIII. Canto á arquitectura civil, Arzúa é tamén unha paisaxe rica en construcións típicas da zona, casas señoriais e, como non, edificios destinados a pousada de peregrinos.

Web Turismo Concello de Arzúa

Comments are closed.