Aula CeMIT

Este é o espazo da Aula CeMIT do Concello de Arzúa, pertencente ao proxecto da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia que ten coma obxectivo o achegamento das novas tecnoloxías aos habitantes de Arzúa.
Nesta sección poderá coñecer a actualidade da aula e o catálogo de actividades así como o horario de aula aberta ao público e outros servizos do centro.
Os cursos son a actividade principal da Aula CeMIT de Arzúa e agrúpanse en dous eixos principais:
• Alfabetización dixital: A planificación destes cursos establécese mes a mes, e variará segundo a demanda dos usuari@s. Así mesmo, os interesados en realizar algún curso recollido neste programa formativo, poderán poñerse en contacto coa axente TIC (Olalla Calvelo Rico) e solicitar a súa celebración. Os cursos de alfabetización dixital están organizados en distintas categorías temáticas:

• Cursos de multimedia e audiovisuais: Os cursos emítense desde o Centro Multimedia de Galicia (CMG) e as aulas con sistema de videoconferencia avanzado da Rede CeMIT. O obxectivo último do programa é garantir unha formación de calidade, cos mellores profesionais en cada campo, e achegar ao maior público posible, desde as grandes capitais ata as localidades máis afastadas. O programa de cursos Multimedia e audiovisual para o 2012 da Rede CeMIT, está formado por microactividades e actividades relacionadas coas temáticas seguintes:

Máis información: Rede CeMIT
A maiores das actividades formativas, o centro oferta o servizo de Aula Aberta que ofrece a posibilidade á cidadanía de acceder de maneira libre e gratuíta ás instalacións CeMIT e utilizar o equipamento que nelas se atopa despregado. Desta maneira, e dentro dun horario claramente establecido, os usuari@s poderán facer uso libre dos equipos para as súas necesidades particulares: procura de emprego, facer retoques nas súas fotografías, formación online, consulta de correo electrónico, navegación por Internet, etc. Como apoio adicional, a Axente TIC asesorará e axudará aos usuarios nas súas dúbidas e problemas tecnolóxicos cando estes necesíteno.
A aula CeMIT de Arzúa conta cunha capacidade para 40 persoas.
Equipamento:
o 20 postos informáticos con lector de DNI electrónico, DVD, Monitor TFT de 17″, Headset con micrófono e control de volume Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
o 1 posto de profesor con Lector de DNI electrónico, DVD gravador, Monitor TFT, Headset con micrófono e control de volume, Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
o Impresora láser color
o Proyector con pantalla de proxección motorizada
o Pantalla de plasma de 42″
o Rack Multimedia con:
– Mesa de misturas de audio
– Amplificador
– DVD-RW con TDT
– Videoconferencia
o Micrófonos de mesa e inalámbricos
o Altavoces
o 2 cámaras motorizadas
o Pantalla tactil para control audiovisual e de luces
o Rede Wifi
Novas:
Xa está aberto o prazo de inscrición para os novos cursos gratuítos da Aula CeMIT de Arzúa (Telecentro) que se van a realizar no mes de maio.
Iniciación á Informática para Desempregad@s: Este curso está dirixido a persoas desempregadas con moi poucos ou nulos coñecementos de informática. A actividade pretende... [Ler todo] ››
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa leva desenvolvendo durante tres venres de abril o ciclo de cine Libros de película para celebrar o mes por excelencia do libro e da lectura.
As proxeccións que se están desenvolvendo ás sete e... [Ler todo] ››
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para os venres de abril o ciclo de cine Libros de película con motivo... [Ler todo] ››
FESTA DA GAITA GALEGA E CANTOS DE TABERNA
Sábado 6.
13:00 Homenaxe a D.Juan Brea Lodeiros. Capela da Madanela
15:00 Xantar de confraternidade. Recinto Feiral “Terra do Queixo”
19:00 Cantos... [Ler todo] ››