Arzúa o destino verde de Galicia

Limpeza de fincas

No caso de que as fincas que lindan cunha construción da túa propiedade se atopen en estado de abandono co conseguinte risco de incendio ou danos para a túa propiedade  seguíranse os seguintes trámites:

  1.  Presentar unha solicitude no rexistro do Concello, aportando os datos do propietario da finca en grave estado de abandono.
  2.  A policía local procederá á comprobación da veracidade dos datos aportados e emitirá un informe sobre o mesmo.
  3.  Dende a Concellería de Medio Ambiente requirirase ao propietario para que proceda á limpeza da finca en cuestión.

Comments are closed.