Arzúa o destino verde de Galicia

Medio Ambiente

O medio natural, o seu coidado e a súa posta en valor foi e seguirá sendo unha das prioridades da actividade municipal.
 

Accións máis importantes para o noso Concello levadas a cabo neste ámbito son:

  • O peche do vertedoiro incontrolado de Maroxo.
  • A creación do punto limpo no parque empresarial.
  • A mellora da recollida selectiva de residuos que se apoiou na distribución dun maior número de contedores tanto na vila como nos núcleos rurais.
  • Construción de illas de contedores soterrados nas principais rúas da vila.
  • Recollida domiciliaria de papel e cartón.
  • Creación dun servizo de recollida de plásticos agrícolas nas parroquias.
  • Instalación dun minipunto limpo no centro da vila para a recollida de: cedés, aparatos electrónicos, teléfonos móbiles, baterías…
LEMBRA

LEMBRA que o coidado do Medio Ambiente é cousa de todos. Se conseguimos que todos os arzuáns e arzuás contribúan a utilizar todos os medios postos ao seu alcance para reducir e reciclar os residuos que se xeneran no noso Concello todos seguiremos gañando, xa que estaremos conseguindo un maior aforro e unha maior calidade de vida. NON O ESQUEZAS.

Comments are closed.