Arzúa o destino verde de Galicia

CEIP de Arzúa

O primeiro centro era de 1975, e foi derrubado para facer o actual, inaugurado en 1992.
O colexio conta cun total de dous centos setenta e catro alumnos/as de infantil e primaria neste último curso.

O centro organízase en tres edificios onde se distribúen o comedor e aula de psicomotricidade, o salón de actos e ximnasio, sala de audiovisuais e de informática, ademais das aulas e oficinas.
Como espazos exteriores teñen a zona de infantil, con area, parque e fonte, as pistas deportivas e un pavillón aberto por dous dos seus lados.

Enderezo:
Rúa Baltasar Pardal, s/n – 15810 – Arzúa

Contacto:
Tlf: 981 500 291
Fax: 981 500 291
web: www.edu.xunta.es/centros/ceipdearzua/

Comments are closed.