Arzúa o destino verde de Galicia

Aula CeMIT


Este é o espazo da Aula CeMIT do Concello de Arzúa, pertencente ao proxecto da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia que ten coma obxectivo o achegamento das novas tecnoloxías aos habitantes de Arzúa.

Nesta sección poderá coñecer a actualidade da aula e o catálogo de actividades así como o horario de aula aberta ao público e outros servizos do centro.

Os cursos son a actividade principal da Aula CeMIT de Arzúa e agrúpanse en dous eixos principais:

Alfabetización dixital: A planificación destes cursos establécese mes a mes, e variará segundo a demanda dos usuari@s. Así mesmo, os interesados en realizar algún curso recollido neste programa formativo, poderán poñerse en contacto co axente TIC e solicitar a súa celebración. Os cursos de alfabetización dixital están organizados en distintas categorías temáticas:

Cursos de multimedia e audiovisuais: Os cursos emítense desde o Centro Multimedia de Galicia (CMG) e as aulas con sistema de videoconferencia avanzado da Rede CeMIT. O obxectivo último do programa é garantir unha formación de calidade, cos mellores profesionais en cada campo, e achegar ao maior público posible, desde as grandes capitais ata as localidades máis afastadas. O programa de cursos Multimedia e audiovisual para o 2012 da Rede CeMIT, está formado por microactividades e actividades relacionadas coas temáticas seguintes:

Máis información: Rede CeMIT

A maiores das actividades formativas, o centro oferta o servizo de Aula Aberta que ofrece a posibilidade á cidadanía de acceder de maneira libre e gratuíta ás instalacións CeMIT e utilizar o equipamento que nelas se atopa despregado. Desta maneira, e dentro dun horario claramente establecido, os usuari@s poderán facer uso libre dos equipos para as súas necesidades particulares: procura de emprego, facer retoques nas súas fotografías, formación online, consulta de correo electrónico, navegación por Internet, etc. Como apoio adicional, a Axente TIC asesorará e axudará aos usuarios nas súas dúbidas e problemas tecnolóxicos cando estes necesíteno.

A aula CeMIT de Arzúa conta cunha capacidade para 40 persoas.

Equipamento:

o 20 postos informáticos con lector de DNI electrónico, DVD, Monitor TFT de 17″, Headset con micrófono e control de volume Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
o 1 posto de profesor con Lector de DNI electrónico, DVD gravador, Monitor TFT, Headset con micrófono e control de volume, Windows XP e Paquete software ofimático e multimedia
o Impresora láser color
o Proyector con pantalla de proxección motorizada
o Pantalla de plasma de 42″
o Rack Multimedia con:
– Mesa de misturas de audio
– Amplificador
– DVD-RW con TDT
– Videoconferencia
o Micrófonos de mesa e inalámbricos
o Altavoces
o 2 cámaras motorizadas
o Pantalla tactil para control audiovisual e de luces
o Rede Wifi


Novas:

Programación Aula CeMIT (xaneiro-marzo 2017)

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para nove novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas . O 25 de xaneiro comeza o curso de “Primeiros pasos informáticos” e o 31 de xaneiro “Aprende a usar o teu Smartphone” .
Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 …

0 comentarios

Cursos Aula CeMIT (outubro – decembro)

jordan 11 space jamair jordan 11 space jamjordan 11 space jam release date

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para dez novos cursos de novas tecnoloxías de diversas temáticas : Tres obradoiros para aprender a usar o smartphone , store dous cursos de iniciación á informática e a internet …

0 comentarios

Programación Aula CeMIT meses de agosto e setembro

Versión para IMPRIMIR

0 comentarios

Programación Outubro na Aula CeMIT de Arzúa

Durante o presente mes de outubro van ter lugar os seguintes cursos gratuítos:

FAITE DIXIT@L!. CONFIGURACIÓN DE DISPOSITIVOS E USO DE APLICACIÓNS MÓBILES. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán o funcionamento e configuración dos teléfonos móbiles intelixentes (Smartphone) así como aplicacións que lle farán a súa vida máis sinxela. Este curso forma parte do proxecto “Faite Dixit@l!” …

0 comentarios

Programación Setembro na Aula CeMIT de Arzúa

Durante o presente mes de setembro van ter lugar os seguintes cursos gratuítos:

CREA O TEU BLOG. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán o que é un blog, como funciona e utilizarán esta ferramenta de publicación web sinxela e gratuíta.
Datas: do 1 ao 12 de setembro. Os luns, mércores e venres.
Horario: 16:30 ás 18:00 horas.

INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET. Este curso está dirixido a …

0 comentarios

Obradoiro de Fórmate por Internet e Retoca as túas Fotos na Aula CeMIT de Arzúa

14 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 20:00 a 21:30. 15 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 20:00 a 21:30. 17 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 20:00 a 21:30. 18 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 20:00 a 21:30.

 
Na terceira semana do mes de xullo, a partir do 14 de xullo, van dar comezo dous novos cursos gratuítos:

FÓRMATE POR INTERNET. Durante este obradoiro os asistentes coñecerán as distintas plataformas e recursos presentes na Internet para formarse de xeito gratuíto en materias como idiomas, novas tecnoloxías e outras temáticas. Esta actividade terá lugar do …

0 comentarios

Obradoiro de Skype e Twitter na Aula CeMIT de Arzúa

7 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 8 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 9 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 10 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 11 Julio, 2014; 16:30 a 18:00.

 

 
Na segunda semana do mes de xullo vanse realizar dous cursos gratuítos desde o día 7 de xuño e ata o 11 de xullo:

COMUNÍCATE POR INTERNET: SKYPE. Este curso terá lugar do luns 7 ao venres 11 de xullo en horario de tarde das 16:30 ás 18:00 horas. Durante o obradoiro os asistentes verán dúas ferramentas que …

0 comentarios

Obradoiro de Correo Electrónico e Facebook na Aula CeMIT de Arzúa

30 Junio, 2014; 16:30 a 18:00. 20:00 a 21:30. 1 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 20:00 a 21:30. 2 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 20:00 a 21:30. 3 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 20:00 a 21:30. 4 Julio, 2014; 16:30 a 18:00. 20:00 a 21:30.
Na primeira semana do mes de xullo vanse realizar dous cursos gratuítos desde o día 30 de xuño e ata o 4 de xullo:

CORREO ELECTRÓNICO. Terá lugar do luns 30 de xuño e ata o venres 4 de xullo en horario de tarde das 16:30 ás 18:00 horas de luns a venres. Os contidos deste …

0 comentarios

Programación de Xullo na Aula CeMIT de Arzúa

Durante o presente mes de xullo van ter lugar os seguintes cursos gratuítos:

CORREO ELECTRÓNICO. Os contidos deste obradoiro son a lectura e xestión dos correos recibidos (filtros, carpetas e etiquetas), o manexo da axenda de contactos (creación de novos contactos e grupos) e outras opcións de configuración coma as respostas automáticas ou sinaturas.
Datas: do 30 …

0 comentarios

Charla sobre as Axudas á Contratación de Banda Larga Vía Satélite

25 Junio, 2014; 12:00 a 13:00. 12:00 a 13:00. 12:00 a 13:00.

Ata o 30 de agosto está aberto o prazo para que  os cidadáns ou as pequenas/medianas empresas poidan solicitar unha axuda para o acceso a internet de banda larga vía satélite, capsule a través dun programa executado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) en colaboración coa AMTEGA.
Por tal motivo, recipe o próximo …

0 comentarios

Comments are closed.