Arzúa o destino verde de Galicia

Sábado 24: Obradoiro de Xogos Populares en Figueiroa

21 marzo, 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este sábado, día 24 de marzo terá lugar na parroquia de Figueiroa un Obradoiro de Xogos Populares e Tradicionais de 16:30 a 18:30 horas ao carón da igrexa.

A entrada e participación é libre e gratuíta para todas as idades. Os que se acheguen ao obradoiro poderán xogar a xogos individuais como a ra, o aro, a petanca ou a chave ou de grupo como a corda, a carreira de sacos ou o pano.

Este obradoiro dende o mes de setembro do pasado ano ata o deste ano percorrerá todas as parroquias afianzando o compromiso do Concello de Arzúa de achegar a cultura e as actividades de lecer ao rural.

No mes de abril será a quenda para Lema e Maroxo.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.