Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Reunión de alcaldes en Arzúa para estudar unha estratexia común na loita pola permanencia do Xuzgado

O alcalde de Arzúa, José Luis García, continúa coa súa loita, xunto co goberno local e os restantes grupos políticos da Corporación Municipal, polo mantemento do Partido Xudicial de Arzúa despois de que o Goberno Estatal manifestase a súa intención de suprimilo.

Trala aprobación dunha moción conxunta entre todos os grupos políticos da corporación municipal, na sesión plenaria celebrada a finais do mes de abril, na que se reivindicaba o mantemento do partido xudicial en Arzúa e a conservación dunha xustiza próxima e accesible a todos os veciños, procedeuse ao reparto de impresos en todos os establecementos públicos do municipio nos que os cidadáns teñen a posibilidade de deixar a súa firma e manifestar así o seu desacordo coa proposta do Goberno Estatal dicindo NON a calquera medida que implique a supresión do noso xuzgado.

Agora, o alcalde de Arzúa, vén de convocar a todos os alcaldes e alcaldesas dos concellos que forman parte deste Partido Xudicial a unha reunión que terá lugar o mércores, 28 de maio, ás 11 da mañá na Sala de Comisións da Casa Consistorial de Arzúa.

Acudirán ao encontro os mandatarios dos concellos de Santiso, Melide, Boimorto, O Pino, Touro, Toques e o de Arzúa. A reunión servirá para marcar unha estratexia común que lles permita seguir loitando pola permanencia do xulgado no municipio. José Luis García insiste na necesidade de unir esforzos “entre todos os concellos para facer máis forza na reivindicación dunha cuestión que para nós ten un importancia enorme pois trátase da loita pola permanencia dun servizo básico que se quere encarecer e alonxar dos nosos veciños e veciñas».

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email