Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Resultado Sorteo do Ouro Cruz Vermella

Resultado Sorteo do Ouro Cruz Vermella

O pasado xoves tivo lugar en Santander o sorteo do Ouro de Cruz Vermella.

 

O primeiro premio de Sorteo do Ouro de Cruz Vermella, celebrado o xoves pasado, correspondeu ao número 41.084, da serie 081. Este premio está dotado con 3 millóns de € ou o seu contravalor en ouro*.

O segundo premio recaeu no número 59.120 da serie 064. Este premio está dotado con 1.500.000 € ou o seu contravalor en ouro*.

O terceiro premio correspondeu ao número 83.695 da serie 103 . Este premio está dotado con 750.000 € ou o seu contravalor en ouro*.

 

O número de premios a repartir no sorteo do ouro foi un total de 3.900 con diferentes contías.

Os números premiados poden consultarse na páxina web www.cruzroja.es/sorteodeoro, no número de teléfono 902 22 22 94, ou enviando un SMS ao número 215757 (palabra «ORO» espazo número do boleto espazo número de serie).

Os premios pódense cobrar no BBVA, Santander e Grupo Banco Popular. O Sorteo do Ouro de Cruz Vermella, con más de 6.500.000 euros en premios, é un dos principais recursos de Cruz Vermella para o desenvolvemento de proxectos sociais nas máis de 600 asembleas locais distribuídas por todo o territorio nacional.

 

Dende a Asemblea de Arzúa, queren agradecer a todas aquelas persoas e entidades que colaboraron coa merca de boletos para este sorteo, xa que con esta adquisición ademais de buscar a súa propia sorte, axúdase a moitas persoas a través dos diferentes programas que a institución ten en marcha na nosa localidade.

 

*O prezo do gramo de ouro o día 19 de Xullo de 2017 ao peche do Mercado de Metais Preciosos de Londres era de 34,66 euros.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email