Arzúa o destino verde de Galicia

Queres practicar o inglés? En Arzúa xa podes!

28 marzo, 2012

O Concello de Arzúa impulsa un novo programa chamado Conversas en inglés.

 

A Concellería de Cultura, Mocidade e Educación do Concello de Arzúa impulsa un novo programa chamado Conversas en inglés.

O proxecto consiste na creación dun grupo de persoas interesadas en practicar o inglés oral nas situación máis cotiás da vida (tomando un café, indo de mercas ou charlando sobre unha película).

Para poder particpar, hai que anotarse primeiro no Departamento de Cultura ou no teléfono 981 500 222 e asistir o vindeiro xoves 19 de abril á convocatoria que se celebrará ás oito da tarde na aula número tres do Recinto Feiral “Terra do Queixo”.

Esta convocatoria é aberta a todas as persoas maiores de dezaséis anos especialmente ás interesadas en practicar esta lingua ou en manter o hábito de falala.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira Rey, amosouse moi satisfeita con esta iniciativa coa que se pretende “crear un marco de aprendizaxe e de intercambio persoal empregando o inglés como ferramenta”.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.