Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación Setembro na Aula CeMIT de Arzúa

Durante o presente mes de setembro van ter lugar os seguintes cursos gratuítos:

Cartaz-CeMIT-Arzua-Programacion-Setembro'14

CREA O TEU BLOG. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán o que é un blog, como funciona e utilizarán esta ferramenta de publicación web sinxela e gratuíta.

Datas: do 1 ao 12 de setembro. Os luns, mércores e venres.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.


INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET. Este curso está dirixido a persoas con moi poucos ou nulos coñecementos de informática. Durante as primeiras sesións do obradoiro os asistentes practicarán co manexo do rato e o teclado para ir avanzando no manexo básico do pc (arquivos e carpetas), características básicas do sitema operativo, procuras por internet e utilización do correo electrónico.

Datas: do 1 ao 26 de setembro. Os luns, mércores e venres.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


LIBREOFFICE WRITER: CREA OS TEUS DOCUMENTOS. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán a crear e editar un documento de texto, engadir imaxes, organizar os seus documentos e crear e xestionar táboas.

Datas: do 2 ao 25 de setembro. Os martes e xoves.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.


FERRAMENTAS NA NUBE: GOOGLE APPS. Neste obradoiro explicaráse en que consiste o traballo na nube, así como as aplicacións de Google máis empregadas (Gmail, Drive, Calendar, Sites…)

Datas: do 2 ao 18 de setembro. Os martes e xoves.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


CREA OS TEUS VÍDEOS. Durante esta actividade os asistentes crearán, a partir de fotos ou vídeos caseiros, a súa propia montaxe para así podelo compartir entre os seus amigos e familia.

Datas: do 15 ao 26 de setembro. Os luns, mércores e venres.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.


COÑECE A REDE SOCIAL GOOGLE+. Os contidos deste curso serán o manexo do perfil en Google+, facendo especial fincapé na xestión da privacidade e nas posibilidades desta rede social.

Datas: o martes 23 e o xoves  25 de setembro.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


 

Para incribirse pódese seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) en horario de tarde das 16:30 ás 21:30 horas.
  • A través da web: cemit.xunta.es e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.
  • Mediante correo electrónico á dirección cemit.arzua@xunta.es indicando os seus datos persoais.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email