Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación Nadal 2011 – 2012

Programación Nadal 2011 - 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para os mese de decembro e xaneiro actividades de música, maxia, teatro, lecer, exposicións… para todos os públicos como detallamos a continuación:
DECEMBRO 2011
Sábado 17 e Domingo 18. VIII FEIRA ECOLÓXICA E FESTIVAL DAS ARTES POLA DIVERSIDADE (Máis información nos programas de man)

Xoves 22. FESTIVAL DE NADAL. Actuacións da Aula de Teatro “Ánxel Casal” e Real Coro de “Toxos e Froles” de Ferrol na Casa da Cultura, ás 19:30 horas.

Venres 23. Obradoiro de Xogos Populares no Local Social de Burres, de 16:30 a 18:30 h
Actuación da Rondalla Moraima na Casa da Cultura, ás 21:00 horas

Luns 26. CINE DE NADAL: “El valiente Desperaux” no Telecentro ás 17:30 horas

Do 26 ao 30. VISITA O PLANETARIO no Recinto Feiral Terra do Queixo, ás 13:00 horas

Martes 27. Concerto de Alberto Mvundi na Capela da Madanela, ás 21:00 horas

Xoves 29. NADAL MÁXICO: Mago Dani García “Acción” no Recinto Ferial Terra do Queixo, ás 17:30 horas

Venres 30. Obradoiro de Xogos Populares no Local Social da Castañeda, de 16:30 a 18:30 h

XANEIRO 2012
Luns 2. CINE DE NADAL: “Ice Age 3” no Telecentro ás 17:30 horas

Do 3 ao 31. Exposición de Carteis anunciadores da 37ª Festa do Queixo na Capela da Madanela, de 19:00 a 21:00 horas

Mércores 4. NADAL MÁXICO: Mago Román “Nanomaxias” no Recinto Feiral Terra do Queixo, ás 17:30 horas

Xoves 5. CABALGATA DE REIS: desfile polas rúas da vila e recepción e entrega de agasallos no Recinto Feiral Terra do Queixo, a partires das 17:00 horas. Música a cargo do Grupo de Gaitas “Castro Curbín»
NOITE DE REIS: actuacións dos grupos “Charamela”, “As Sobreiras do Ulla” e “As Cantareiras de Arzúa” polos bares e cafeterías de Arzúa, de 21:00 a 23:00 horas

Domingo 8. Votación popular Carteis anunciadores da 37ª Festa do Queixo na Capela da Madanela, de 12 a 14 horas

Agardamos que vos guste!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email