Arzúa o destino verde de Galicia

Programación de Xullo na Aula CeMIT de Arzúa

30 junio, 2014

Durante o presente mes de xullo van ter lugar os seguintes cursos gratuítos:

Cartaz-CeMIT-Arzua-Programacion-Xullo'14

CORREO ELECTRÓNICO. Os contidos deste obradoiro son a lectura e xestión dos correos recibidos (filtros, cialis 40mg carpetas e etiquetas), dosage o manexo da axenda de contactos (creación de novos contactos e grupos) e outras opcións de configuración coma as respostas automáticas ou sinaturas.

Datas: do 30 ao 4 de xullo. Todos os días de luns a venres.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.


COMEZA CO FACEBOOK. Os contidos deste curso serán o manexo do perfil en Facebook, ambulance facendo especial fincapé na xestión da privacidade e nas posibilidades desta rede social.

Datas: do 30 ao 4 de xullo. Todos os días de luns a venres.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


COMUNÍCATE POR INTERNET: SKYPE. Durante o obradoiro os asistentes verán dúas ferramentas que nos permiten a comunicación vía telefónica e videoconferencia en tempo real de xeito gratuíto: Skype e Google Hangouts.

Datas: do 7 ao 11 de xullo. Todos os días de luns a venres.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.


TWITTER. Os contidos que se verán durante este obradoiro é o funcionamento e xestión da rede social Twitter e as súas especiais características. Os alumn@s asistentes aprederán a crear o seu perfil (nome, imaxe, localización), procura e seguemento de temas e usuari@s, publicación das primeiras mensaxes e conversación entre usuari@s, uso e utilidades das listas, etc.

Datas: do 7 ao 11 de xullo. Todos os días de luns a venres.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


FÓRMATE POR INTERNET. Durante este obradoiro os asistentes coñecerán as distintas plataformas e recursos presentes na Internet para formarse de xeito gratuíto en materias como idiomas, novas tecnoloxías e outras temáticas.

Datas: do 14 ao 18 de xullo. Todos os días de luns a venres excepto o mércores 16 xullo por ser festivo.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.


RETOCA AS TÚAS FOTOS. Os contidos que se tratarán neste obradoiro serán: a xestión das nosas fotografías, facer unha copia de seguridade, pasalas da cámara ou móbil ao ordenador e retoque básico con programas e aplicacións gratuítas presentes na Rede.

Datas: do 14 ao 24 de xullo. Todos os días de luns a venres excepto o mércores 16 xullo por ser festivo.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.


CREA AS TÚAS PRESENTACIÓNS CON PREZI. O obxectivo deste obradoiro é mostrar aos asistentes as posibilidades que ofrece esta orixinal ferramenta de creación de presentacións.

Datas: do 21 ao 24 de xullo. Todos os días de luns a xoves.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.


Para incribirse pódese seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) en horario de tarde das 16:30 ás 21:30 horas.
  • A través da web: cemit.xunta.es e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.
  • Mediante correo electrónico á dirección cemit.arzua@xunta.es indicando os seus datos persoais.

 

 

Last modified: 30 junio, 2014

Comments are closed.