Arzúa o destino verde de Galicia

Programación de Maio na Aula CeMIT de Arzúa

8 mayo, 2014

No vindeiro mes de maio van ter lugar os seguintes cursos gratuítos:

Cartaz-CeMIT-Arzua-Programacion-Maio'14

AS REDES SOCIAIS: «COMEZA CO FACEBOOK». Os contidos deste curso serán o manexo do perfil en Facebook, facendo especial fincapé na xestión da privacidade e nas posibilidades desta ferramenta.

Datas: do 12 ao 15 de maio. O luns, martes, mércores e xoves.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.

 

INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET. Este curso está dirixido a persoas con moi poucos ou nulos coñecementos de informática. Durante as primeiras sesións do obradoiro os asistentes practicarán co manexo do rato e o teclado para ir avanzando no manexo básico do pc (arquivos e carpetas), características básicas do sitema operativo, procuras por internet e utilización do correo electrónico.

Datasdo 12 ao 29 de maio. Os luns, martes, mércores e xoves.

Horario: 20:00 ás 21:30 horas.

 

APRENDE A MANEXAR O TEU MÓBIL (SMARTPHONE). As persoas asistentes aprenderán as funcións básicas do teléfono, a actualizar e conectar o dispositivo ao ordenador e as aplicacións máis interesantes.

Datas: o mércores 21 e xoves 22 de maio.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.

 

FERRAMENTAS NA NUBE: GARDA OS TEUS FICHEIROS NA INTERNET. Os contidos que se tratarán no curso son o manexo das ferramentas na nube como Google Drive e OneDrive (Skydrive) así coma outras alternativas como Dropbox, Idrive, etc.

Datas: do 26 ao 29 de maio.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.

 

Para incribirse en calquera das actividades anteriores podedes seguir calquera destas alternativas:

  •  Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) en horario de tarde das 16:30 ás 21:30 horas.
  • A través da web: cemit.xunta.es e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.
  • Mediante correo electrónico á dirección cemit.arzua@xunta.es indicando os seus datos persoais.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.