Arzúa o destino verde de Galicia

Programación de maio da Aula CeMIT de Arzúa

30 abril, 2013

Xa está aberto o prazo de inscrición para os novos cursos gratuítos da Aula CeMIT de Arzúa (Telecentro) que se van a realizar no mes de maio.

Iniciación á Informática para Desempregad@s: Este curso está dirixido a persoas desempregadas con moi poucos ou nulos coñecementos de informática. A actividade pretende formar aos asistentes no manexo básico do ordenador para facilitar tanto a procura activa de emprego como os coñecementos que poden complementar a súa formación para atopar un posto de traballo.

Datas: Do 6 ao 16 de maio. Todos os días de luns a venres.
Horario: 10:30 ás 12:30 horas.

Iniciación á Folla de Cálculo: Durante este obradoiro aprenderase a manexar esta ferramenta ofimática, alternativa do Excel, de software libre. Este programa sirve para a realización de cálculos matemáticos, o que nos permite levar un control dos gastos e ingresos de forma sinxela, xa sexa dunha casa ou da nosa empresa

Datas: Do 6 ao 29 de maio. Os luns e mércores.
Horario: 16:00 ás 18:00 horas.

Iniciación á Informática e Internet: Este curso está dirixido a persoas con moi poucos ou nulos coñecementos de informática. Durante as primeiras sesións do obradoiro os asistentes practicarán co manexo do rato e o teclado para ir avanzando no manexo básico do pc (arquivos e carpetas), características básicas do sitema operativo, procuras por internet e utilización do correo electrónico.

Datas: Do 7 de maio ao 13 de xuño. Os martes e xoves.
Horario: 16:30 ás 18:00 horas.

Opera co teu banco pola Internet: Neste curso os asistentes aprenderán a utilizar a rede para realizar operacións bancarias e manter uns criterios mínimos de seguridade.

Datas: 9 e 10 de maio.
Horario: 18:30 ás 20:00 horas.

Organiza as túas viaxes por Internet: Co verán cada vez máis próximo os participantes poderán organizar a súa viaxe a través da rede, así coma aprender a compartir as súas fotos e vídeos á volta.

Datas: 14, 15 e 16 de maio
Horario: 18:30 ás 20:00 horas.

Procura de Emprego pola Internet: Con esta actividade os alumnos/as aprenderán a cubrir un CV a través de internet, procurar información nos distintos portais de emprego e directorios de empresas e ademais poñeránse ao día coas prestacións por desemprego e os trámites a realizar.

Datas: Do 20 ao 31 de maio. Todos os días de luns a venres.
Horario: 10:30 ás 12:30 horas.

Para incribirse en calquera das actividades anteriores podedes seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) de no seguinte horario:

De luns a xoves:

Mañás: 10:30 a 14:00 h.

Tardes: 18:00 a 20:00 h.

Venres: Só mañás de 10:00 – 14:00 h.

  • A través da web: cemit.xunta.es ou se xa participaches nalgunha das actividades premendo aquíe usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.