O Concello de Arzúa organiza para o sábado 19 de maio a 1ª Feira de artigos de segunda man e artesanía «Arzúa Vende» de 11:00 a 20:00 horas no recinto feiral «Terra do Queixo».
PROGRAMA
9:00 · ENTRADA DE EXPOSITORES
11:00 · APERTURA DA FEIRA
Espazo VERDE (artesanía), Espazo AMARELO (artigos de segunda man e outros).
11:00 a 14:00 · EXPOSICIÓN: ARQUITECTURA POPULAR
De Elisardo Oubel e Jesús Manuel Oubel. Aula 4, primeiro andar.
12:00 · OBRADOIRO: BOTELLAS DECORATIVAS
Espazo de ocio AZUL. Inscrición previa no 981 500 222 ou no posto de información da feira. Dirixido a todos os públicos. Prazas limitadas.
13:00 · OBRADOIRO DE ARTESANÍA
Espazo de ocio AZUL. Inscrición previa no 981 500 222 ou no posto de información da feira. Prazas limitadas.
De 16:30 a 19:30 · LUDOTECA INFANTIL
Aula 3, primeiro andar. Inscrición previa no 981 500 222 ou no posto de información da feira. Nen@s de 3 a 12 anos. Prazas limitadas.
16:00 a 19:00 · EXPOSICIÓN: ARQUITECTURA POPULAR
De Elisardo Oubel e Jesús Manuel Oubel. Aula 4, primeiro andar.
17:30 · OBRADOIRO: ILUSTRACIÓN
Aula 1, primeiro andar. Inscrición previa no 981 500 222 ou no posto de información da feira. Nen@s de 5 a 15 anos. Prazas limitadas.
18:30 · ACTUACIÓN: AULA DE TEATRO ÁNXEL CASAL: “OS OFICIOS TRADICIONAIS”
Espazo de ocio AZUL.
19:15 · MÚSICA: AS CANTAREIRAS DE ARZÚA
Espazo de ocio AZUL.
20:00 · PECHE DA FEIRA
SERVIZO DE BAR DURANTE TODO O DÍA