Arzúa o destino verde de Galicia

Programación da Aula CeMIT para Setembro

2 septiembre, 2013

Os cursos gratuítos para o mes de setembro son os seguintes:

 Aula-CeMIT-Arzua-Programacion-Setembro'13

INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET: Este curso está dirixido a persoas con moi poucos ou nulos coñecementos de informática. Durante as primeiras sesións do obradoiro os asistentes practicarán co manexo do rato e o teclado para ir avanzando no manexo básico do pc (arquivos e carpetas), características básicas do sitema operativo, procuras por internet e utilización do correo electrónico.

Datas: do 9 de setembro ao 4 de outubro. Os luns, mércores e venres.

Horario: 10:30 ás 12:30 horas.

 

CREA A TÚA PRESENTACIÓN: Durante este obradoiro aprenderase a manexar esta ferramenta ofimática, a alternativa do Power Point, de software libre Libre Office. Este programa ten multitude de posibilidades que van, desde presentar as nosas fotos das vacacións para presentalas coma un único arquivo con música e distintos efectos, ata a presentación ou exposición dun traballo académico ou empresarial.

Datas: do 10 de setembro ao 3 de outubro. Os martes e xoves.

Horario: 16:00 ás 18:00 horas.

 

GOOGLE:TRABALLA NA NUBE. Neste obradoiro explicaráse en que consiste o traballo na nube, así como as aplicacións de Google máis empregadas (Gmail, Drive, Calendar, Sites…)

Datas: do 10 ao 19 de setembro. Os martes e xoves.

Horario: 20:30 ás 22:00 horas.

 

NON TIRES NADA: VÉNDEO OU TRÓCAO NA INTERNET. Con esta actividade preténdese que as persoas asistentes identifiquen e manexen as distintas plataformas e portais de venda e compra na rede así como as distintas formas de pagamento máis habituais.

Datas: do 24 de setembro ao 3 de outubro. Os martes e xoves.

Horario: 20:30 ás 22:00 horas.

 

Para incribirse en calquera das actividades anteriores podedes seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) de no seguinte horario:

De luns a xoves:

Mañás: 10:30 a 14:00 h.

Tardes: 18:00 a 20:00 h.

Venres: Só mañás de 10:30 – 14:00 h.

  • A través da web: cemit.xunta.es ou se xa participaches nalgunha das actividades premendo aquí e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.

 

Espero que sexan do voso interese. Un saúdo!

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.