Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación da Aula CeMIT para Outubro

Coma todos os meses a vindeira semana dan comezo os novos cursos para o mes de outubro:

Cartaz_Programación CeMIT Arzúa_Outubro'13

INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E INTERNET. Este curso está dirixido a persoas con moi poucos ou nulos coñecementos de informática. Durante as primeiras sesións do obradoiro os asistentes practicarán co manexo do rato e o teclado para ir avanzando no manexo básico do pc (arquivos e carpetas), características básicas do sitema operativo, procuras por internet e utilización do correo electrónico.

Datas: do 7 ao 31 de outubro. Os luns, martes, mércores e xoves.

Horario: 16:30 ás 18:00 horas.

CREA OS TEUS DOCUMENTOS. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán a crear e editar un documento de texto, engadir imaxes, organizar os seus documentos e crear e xestionar táboas.

Datas: do 8 de ao 31 de outubro. Os martes e xoves.

Horario: 10:30 ás 12:30 horas.

DESCARGA E ESCOITA MÚSICA. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán a xestionar os programas que nos permiten escoitar música a través de Internet e descargar música de xeito legal a través da Rede.

Datas: o luns 14, mércores 16 e o venres 18 de outubro.

Horario: 10:30 ás 12:30 horas.

TWITTER. Neste obradoiro as persoas asistentes crearán unha conta na rede social Twitter e aprenderán a xestionala e a darlle contido, así comO os pequenos trucos e características.

Datas: o martes 15, mércores 16 e xoves 17 de outubro.

Horario: 19:30 ás 21:00 horas.

VIDEOCONFERENCIA: SKYPE. Este curso ten coma obxectivo que os alumn@s vexan as novas formas de comunicación como as videochamadas que se poden realizar tanto desde un ordenador coma desde un dispositivo móbil e as posibilidades que este servizo ofrece.

Datas: o martes  22, mércores 23 e xoves 24 de outubro. 

Horario: 19:30 ás 21:00 horas.

PROTEXE O TEU ORDENADOR. Nesta actividade preténdese que as persoas que asistan coñezan as medidas a adoptar para protexer ao ordenador dos distintos virus e ameazas.

Datas: o martes 29, mércores 30 e xoves 31 de outubro. 

Horario: 19:30 ás 21:00 horas.

Para incribirse en calquera das actividades anteriores podedes seguir calquera destas alternativas:

  •  Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) de no seguinte horario:

De luns a xoves:

Mañás: 12:30 a 14:00 h.

Tardes: 18:00 a 20:00 h.

Venres: Só mañás de 10:30 – 14:00 h.

  • A través da web: cemit.xunta.es ou se xa participou nalgunha das actividades premendo aquí e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.
  • Mediante correo electrónico á dirección cemit.arzua@xunta.es indicando os seus datos persoais.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email