Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación Cultural PRIMAVERA! (meses de marzo, abril e maio)

CONCELLO DE ARZÚA. DEPARTAMENTO DE CULTURA.
PRIMAVERA DE CULTURA
MARZO

Venres 9. Charla informativa “O dano cerebral adquirido” organizada pola Asociación Sarela. Capela da Madanela, 12:00h. Previa inscrición no Departamento de Servizos Sociais.

Do 9 ao 17. Exposición de carteis para celebrar o Día da Muller dentro do programa “Donas de si” coa participación do alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Arzúa. Biblioteca Municipal Rosalía de Castro.

Xoves 15. Obradoiro “Andar cos tempos”. Local Social de Santa María, 19:00 a 21:00h. Máis información no CIM (tel.: 981 501 101)

Sábado 17. Obradoiro “Andar cos tempos”. Local Social de Santa María, 11:30 a 13:30h. Máis información no CIM (tel.: 981 501 101)

Días 30 e 31. Obradoiro de cociña no Centro Social Doctor Antonio Martínez de la Riva Labarta de Lema. Máis información no CIM (tel.: 981 501 101)

ABRIL
Venres 13. Sesión de cine “Libro de película” coa proxección de Asesinato en el Orient Express. Flocos de millo de balde e sorteo dun lote de libros. Telecentro, 20:00h.

Venres 20. Encontro coas autoras de Mulleres bravas da nosa historia. Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, 20:30h.

Sábado 21. Feira do Libro.
Exposición e venda de libros e actividades infantís. Rúa Cima do Lugar, 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00h (en caso de mal tempo, na Capela da Madanela).
Inscricións para expositores do 2 ao 13 de abril no 981 500 222. Prazas limitadas.

Sábado 28. Contacontos Un bico para Alí. Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, 12:00h.

MAIO
Venres 11. “As Nosas Letras na Biblioteca”: Contacontos María e os ollos alabarados. Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, 17:30h.

Xoves 17. Celebración do Día das Letras Galegas.
Actuacións da Banda de Música de Arzúa e Grupo de Música e Baile Tradicional O Bringuelo.
Xogos tradicionais e artesanais con Eira Xandobeleira.
Praza de Galiza, 18:00h (En caso de mal tempo, no Multiusos Terra do Queixo).

Días 9 e 16. Xornadas de xogos populares e tradicionais no Colexio Nsa. Sra. do Rosario e CEIP de Arzúa.

Luns 14. “As Nosas Letras na Residencia”: Espectáculo Contar a cargo de Celso F. Sanmartín. Residencia San José, 10:30h.

Venres 25. “As Nosas Letras na Escola Infantil”: Espectáculo Entre arrolos e contiños de Migallas Teatro. Escola Infantil, 10:30h.

______________________________________________________________________

Organizan:
Departamento de Cultura
Departamento de Deportes
CIM
Servizo de Normalización Lingüística

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email