CONCELLO DE ARZÚA. XULLO 2013
FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA AULA DE TEATRO MUNICIPAL «ÁNXEL CASAL»
Sábado 6. Casa da Cultura, 19.00 horas
Festival de Fin de Curso da Aula de Teatro Municipal “Ánxel Casal”. Primeiro as actuarán as “nenas grandes”e despois os rapaces. As pezas son: As antipáticas do segundo e R.U.R (Robots Universal Rossum). //Actividade incorporada a última hora, non está incluída no cartel//
EXPOSICIÓN: MOSTRA DE ÓLEOS DE DIEGO ANTONA
Do 15 ao 28 na Capela da Madanela.
PROGRAMA “COÑECE O TEU PAÍS”
Sábado 27. Excursión á provincia de Lugo: Cervo
Comezo do prazo de inscrición: mércores 17 de xullo no Departamento de Cultura ou chamando ao 981 500 222.
Inscriaicón gratuíta. Prazas limitadas.
ARZÚA VIVA 2013
Domingo 28
11:00 Sesión de Batuka ao aire libre na Praza*
12:00 Paintaball na Carballeira de Santa María*
Das 17:00 ás 20:00 horas na Praza
Inchables
Obradoiro de deportes multimedia
Recreativos: Táboa de Surf e Loita de Gladiadores
19:30 Festa da Escuma
20:00 Actuación Musical de ALBERTO MVUNDI
*As actividades de Batuka e Paintball precisan de inscrición previa no Departamento de Cultura ou no tlf. 981 500 222. Son gratuítas e as prazas limitadas.
NOTA: En caso de mal tempo, as actividades celebraranse no Recinto Feiral