Arzúa o destino verde de Galicia

Programación Cultural «Entroido 2013»

11 enero, 2013

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o Entroido catro días de actividades co protagonismo dos disfraces, da música e da diversión.

Sábado 9 de febreiro

Cea-Baile. Será ás dez e media da noite no Recinto Feiral “Terra do Queixo” cun menú que contará con sopa de cocido, cocido, filloas, bebida, café e licores. A entrada custa 22 euros e haberá baile aberto co dúo musical “Abc”. Esta actividade está organizada pola Asociación Festa da Gaita Galega en colaboración co Concello de Arzúa. As entradas pódense mercar antes do día tres de febreiro nos seguintes establecementos: Catro Ventos, Bar Luís, Bar Manolo, Pedrito, Bar Praza, Rueiro e Venus.

 

Domingo 10 de febreiro

17:00 horas. Desfile do Concurso de Carrozas, Comparsas e Disfrace infantil que sairá do recinto feiral, percorrerá as principais rúas da vila e rematará de novo no recinto coas actuacións e coa entrga dos premios que ascenden a dous mil euros repartidos entre as tres modalidades. Inscricións ata o 8 de febreiro ás 15:00 h

BASES CONCURSO ENTROIDO 2013

MÁIS INFORMACIÓN

 

Luns 11 de febreiro

Cine coa proxección da película de animación “Las Aventuras de Tadeo Jones”. Comezará ás cinco e meida da tarde no telecentro.

 

Martes 12 de febreiro

Rematará a festa cun Baile de Disfraces pola tarde no que os asistentes poderán bailar co dúo musical “Caramelo” e desfrutar dunha merenda a base de chocolate e biscoito. Os nenos e nenas que se presenten disfrazados terán un pequeno agasallo. Todo isto será de seis a nove da tarde no Recinto Feiral “Terra do Queixo”.

Ademais, este ano, durante as actividades, haberá unha Exposición de fotografías dos distintos entroidos de Galicia cedida polo Concello de Pontevedra.

 

O Departamento de Cultura asegura manter o nivel da programación como en anos anteriores “a pesar da conteción do gasto que se está a facer dende o Concello de Arzúa” e anima a todos e a todas a participar “xa que debemos manter o espírito do Entroido que vai máis alá dos premios e dos concursos”.

Last modified: 23 diciembre, 2018

Comments are closed.