Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación cultural do mes de maio

Programación Maio 2016 - Concello de Arzúa

CONCELLO DE ARZÚA. MAIO 2016

AS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA

Sábado 7. Sesión de contacontos ‘Carteiro na bicicleta. Especial Manuel María’ de Caxoto Contacontos ás 12:00h na Biblioteca Municipal.

 

ARZÚA VENDE. 5ª Feira de segunda man, artesanía e oportunidades

Sábado 14. Mercadiño, artesanía, obradoiros, música, inchable infantil, exposición de coches clásicos, servizo de bar… Das 11:00 ás 20:00 horas no Recinto Feiral Terra do Queixo.

Máis información nos programas de man.

 

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Actuacións: Grupo de Música e Baile Tradicional ‘O Bringuelo’ e ‘Os Monifates’

Xogos Populares e Tradicionais

Exhibición de pintura en directo en homenaxe a Manuel María a cargo de Noa Persán

A partires das 17:00h na Praza de Galiza (En caso de mal tempo, no Recinto Feiral)

 

PROGRAMA ‘FORMANDO EN FAMILIA’

Sábado 7. Charla-coloquio ‘SOS. O meu fillo está medrando. Dúbidas, inquedanzas e medos’, no Recinto Feiral Terra do Queixo ás 11:00h

Sábado 14. Charla-coloquio ‘Ferramentas e habilidades para mellorar a comunicación cos fillos e fillas’, no Recinto Feiral Terra do Queixo ás 11:00h

Sábado 21. Charla-coloquio ‘Fábrica de fillos perfectos, SL. Pautas de crianza, normas e conduta’, no Recinto Feiral Terra do Queixo ás 11:00h

Sábado 28. Charla-coloquio ‘Usos e abusos das redes sociais e internet’, no Recinto Feiral Terra do Queixo ás 11:00h

Inscrición gratuíta no Departamento de Cultura (tlf. 981 500 222). Prazas limitadas.

 

CAMPAÑA ‘NON TRABES A TÚA LINGUA’

Durante todo o mes. Reparto de material promocional nos establecementos públicos e divulgación a través da Radio Municipal e redes sociais.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email