Arzúa o destino verde de Galicia

Programación cultural: días 25 e 26 de maio

23 mayo, 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pecha esta fin de semana o programa “Mes das Letras” que dou comezo o pasado día un e que achegou aos veciños e veciñas de Arzúa exposicións, teatro, contacontos, actuacións musicais e obradoiros.

Venres 25

Proxección do documental Lembranzas e reflexións de Isaac Díaz Pardo a partires das sete e media no telecentro.

A sesión, que está incluída dentro do ciclo “Proxecta Galego”, finalizará co sorteo do libro e DVD dirixido por Xan Leira.

Sábado 26

Obradoiro de xogos populares e tradicionais dende as catro e media da tarde ao carón da igrexa de Oíns.

En caso de choiva a actividade realizarase no local social que está pegado tamén á igrexa.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.