Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación completa de ‘Arzúa Vende’

Cartel ARZÚA VENDE 2014 Programa

 Arzúa Vende desvela unha completa programación para o 24 de maio na terceira feira de artesanía e artigos de segunda man.

Co obxecto de converterse nun marco de compra e venda no que os veciños e veciñas de Arzúa así como a xente de fóra poidan vender ou mercar artigos de segunda man e outros de artesanía,o concello de Arzúa organiza para o sábado vinte e catro de maio a terceira edición da feira Arzúa Vende.

O evento celebrarase no Recinto Feiral Terra do Queixo dende as once da mañá e ata as oito do serán e conta xa cunha variada proposta de actividades que se desenvolverán ao longo de toda a xornada. Pola mañá, ás doce do mediodía, haberá unha demostración: cómo crear un ambientador a partir dunha pastilla de xabón. Esta é unha actividade aberta a todos os públicos e sen inscrición previa. Pola tarde, a partir das cinco e media, contarase cunha actuación de maxia a cargo de Chrystyan Magic que presentará o espectáculo ‘A casiña da maxia’.

Ao longo da xornada, tanto pola mañá como pola tarde, o público que se achegue poderá ver unha interesante exposición de Instrumentos Musicais do Mund que se poderá visitar na aula 4, situada no primeiro andar do recinto feiral.

As actividades que completan a programación son, por un lado, a celebración do sorteo dun equipo de música ás seis e media da tarde. As rifas poderanse conseguir no posto de información da feira tan só por asistir. E, por outro lado, o concerto da popular fadista María do Ceo que interpretará temas do seu último traballo ‘Fado con outro acento’.

A mostra contará tamén con servizo de bar durante a xornada.

Dende a organización  informan que o número de postos inscritos nos tres apartados, segunda man, artesanía e roupa, calzado e complementos, “é considerable xa que estase a punto de ocupar todo o espazo dispoñible”. Sen embargo, lémbrase que a inscrición é gratuíta e aínda está aberta ata o vindeiro día catorce de maio no Departamento de Cultura ou na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Descargar PROGRAMACIÓN

Descargar FICHA DE INSCRICIÓN

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email