Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación CeMIT de Arzúa para o mes de xuño

Como ven sendo habitual ábrese o prazo de inscrición para as novas actividades gratuítas da Aula CeMIT de Arzúa. Os cursos para este mes de xuño son:

Programación CeMIT de Arzúa para o mes de xuño

CREA O TEU BLOG. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán o que é un blog, como funciona e utilizarán esta ferramenta de publicación web sinxela e gratuíta. Está dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática.

Os luns e mércores do 10 ao 26 de xuño das 16:00 ás 18:00 h.

ESCOITA E DESCARGA MÚSICA POR INTERNET. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán xestionar os programas que nos permiten escoitar música a través de Internet e descargar música de xeito legal a través da Rede. Está dirixido a persoas con coñecementos básicos de Internet.

Martes 11, mércores 12 e xoves 13 de xuño das 10:30 ás 12:00 h.

RETOCA AS TÚAS FOTOS: As persoas que asistan a esta actividade aprenderán a pasar e organizar as fotos da súa cámara no ordenador, así como a modificalas, restauralas e facer sinxelas montaxes. Está dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática.

Do martes e xoves do 18 ao 27 de xuño das 16:00 ás 18:00 h.

ARZÚA COMERCIAL: MARKETING NA INTERNET. Neste obradoiro contaremos coa colaboración de Manuel Núñez da empresa Offilance que nos informará das posibilidades que o Marketing Online nos pode ofrecer a hora de mellorar ou poñer en marcha o noso negocio. Está dirixida a todas as persoas interesadas no marketing online, epecialmente a empresarios e emprendedores da comarca de Arzúa do sector comercial, así como empregad@s e desempregad@s deste eido.

Martes 18, mércores 19, xoves 20, martes 25 e mércores 26 de xuño das 20:45 ás 22:30 h.

 

Para incribirse en calquera das actividades anteriores podedes seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) de no seguinte horario:

De luns a xoves:

Mañás: 12:30 a 14:00 h.

Tardes: 18:00 a 20:00 h.

Venres: Só mañás de 12:00 – 14:00 h.

  • A través da web: cemit.xunta.es ou se xa participaches nalgunha das actividades premendo aquí e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.

 

Animádevos a participar!

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email