Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

programa renove de ascensores

O Departamento de Promoción Ecoómica INFORMA que:

A Consellería de Economía e Industria convocou a orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a actuacións de mellora da eficiencia enerxética e seguranza nas instalacións de ascensores existentes pertenencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 12 de xullo

Terán a consideración de actuacións subvencionables:

  • Subsititución de equipamento por unha máquina de tracción directa, sen reductor.
  • Substitución de motores por outros controlados por variador de frecuencia ou aparellos con propósito equivalente.
  • Instalación de controis con sistemas de detectores de presenza.

A intensidade da axuda será dun 50% do investimento subvencionable pero en ningún caso, poderá concederse unha subvención superior a 3000 euros por comunidade de propietarios.

Para máis información dirixirse a oficina da axente de emprego e desenvolvemento local ou no Diario Oficial de Galicia do día 8 de xuño de 2012.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email