Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA

O programa galego de detección precoz do cancro de mama consiste na realización dunhas mamografías cada dous anos, e vai dirixido a tódalas mulleres de 50 a 69 anos residentes no concello de Arzúa.

 A tódalas donas pertencentes a ese grupo de idade evíaselles unha carta desde a Unidade Central do programa, onde se lles comunica o lugar,  dia e hora da cita. No caso de non recibila ou para resolver calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 981 14 14 14.

Para faciliar o acceso á Unidade de Exploración, que está situada no Hospital Xil Casares de Santiago, póñense á disposición das usuarias un servizo de transporte de balde que realizará tódolos días o seguinte itinerario:

 BOENTE (no Bar Bareta). Horas de parada: 14:15, 16:00 e 18:00 horas.

CASTAÑEDA ( na parada oficial do autobús). Horas de parada: 14:20, 16:05 e 18:05 horas.

RENDAL – Rivadiso (na parada oficial do autobús) Horario: 14:25, 16:10 e 18:10 horas.

ARZÚA (diante do Bar Ameixa) Horario: 14:30, 16:15 e 18:15 horas.

BURRES (frente o Bar Méndez). Horario: 14:35, 16:20 e 18:20 horas.

 

A data prevista de inicio será o vindeiro Luns 30 de setembro de 2013.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email