Arzúa o destino verde de Galicia

AxendaBlogCulturaNoticias

Programa FalaRedes: obradoiro TITEREHOP en Arzúa

9 mayo, 2012

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa de que este domingo día 13 celebrarase no Recinto feiral “Terra do Queixo” unha nova actividade do programa FalaRedes, o novo programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para as entidades pertencentes á Rede de Dinamización.

O obradoiro Titerehop forma aos mozos na creación de rimas e de letras para as cancións e na construcción dun monicreque cantor. Cos coñecementos adquiridos, só queda poñer en valor as dotes artísticas dos participantes cunha demostración dos títeres cantantes de hip-hop. Todas as interpretacións, acompañadas dunha base musical, colgaranse na web www.titerehop.wordpress.com

Quen dixo que o galego non valía para todo? Con este lema preténese animar á participación a todos os rapaces e rapazas que teñan entre 13 e 17 anos. A actividade desenvloverase este domingo de seis a oito e media da tarde e para participar hai que anotarse previamente de maneira totalmente gratuíta achegándose ao Departamento de Cultura ou chamando ao seu número de teléfono: 981 500 222.

OBRADOIRO TITEREHOP

Domingo 13 de maio

Recinto feiral Terra do Queixo (multiusos) de 18:00 a 20:30 horas

De 13 a 17 anos.

Incrición gratuíta no Departamento de Cultura (tlf. 981 500 222)

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.