Arzúa o destino verde de Galicia

Programa “Espazo das familias”. Curso 2018-2019

11 septiembre, 2018

Arzúa seguirá acollendo as sesións didácticas baseadas na labor de Preescolar na casa

A Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy abre o prazo de inscrición para participar dende finais de setembro nas clases dirixidas ás familias con menores de 0 a 3 anos e para futuros pais e nais.

O Concello de Arzúa ten previsto acoller a partir do 18 de setembro a labor educativa, lúdica e didáctica infantil e familiar desenvolvida pola asociación Antonio Gandoy para un novo curso. Dita asociación ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade ao labor socioeducativo desenvolvido por Preescolar na casa.
O programa chamado Espazos das Familias constitúe un lugar e un tempo de encontro para a formación de nais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos e tamén de futuros pais e nais.
Os profesionais da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy (mestres, pedagogos e psicólogos con ampla traxectoria educativa en Preescolar na Casa) deseñan actividades dirixidas a reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás diferentes necesidades das nenas e dos nenos.
O lugar no que se desenvolverá o programa será a Aula multifunción (coñecida como Ludoteca) situada na planta baixa do edificio sociocultural María Mariño, ao carón do Club de Xubilados. As sesións, cunha periodicidade semanal, desenvolveranse nas mañás dos martes e nas tardes dos xoves e serán dunha hora e media de duración. A continuación destas sesións, as familias disporán dun tempo individual para aclarar dúbidas mediante unha titoría concertada.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar desta iniciativa ou que precisen resolver calquera dúbida pódense poñerse en contacto co teléfono 686 446 838 ou asistir a unha reunión ou ben o martes, 18 de setembro, ás 11:00 horas ou o xoves 20 ás 17:00 horas no lugar indicado. O prezo para participar no Espazo das familias de Arzúa será de 17 euros mensuais por familia, cuota reducida grazas á colaboración do Concello.

Last modified: 11 septiembre, 2018

Comments are closed.