Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que o IMSERSO convoca prazas para pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL.
Serán beneficiarios das prazas as persoas que reunan os seguintes requisitos:
Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e invalidez, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións unicamente cando o beneficiario teña cumprido os 60 anos de idade.
Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia.
Poder valerse por si mesmo.
Precisar dos tratamentos termais e carecer de contraindicación médica.
Tamén poderán ser beneficiarios os cónxuxes de quen reúnan os requisitos anteriores.
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ata o día 16 de xaneiro do 2015.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ata o día 15 de maio do 2015.
Para máis información e para poder tramitar a solicitude, póndense dirixir ós SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Arzúa, antes das datas indicadas para cada quenda.