Arzúa o destino verde de Galicia

PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO

22 diciembre, 2017

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que o IMSERSO convoca prazas para pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL.

Requisitos

Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanten do sistema da Seguridade Social.
Ser pensionista de viudedade con 55 ou máis antos de idade.
Ser pensionista doutros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 66 ou máis anos de idade.
Ser asegurado ou beneficiarios do sistema da Seguridade Social español con 65 ou máis anos de idade.

Os usuarios deben tamén

a) non padecer alteracións do comportamento que poidan alterar a normal convivencia dos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
b) poder valerse por si mesmo para realizar as actividades básicas da vida diaria.
c) necesitar os tratamentos termales.

Igualmente, podrán participar nos programas, como acompañante, o cónxuxe, ou parexa de feito, sen necesidade de que reúnan algún dos requisitos exisidos de ser pensionista ou beneficiario da Seguridade Social.

Tamén podrán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45% sempre que o turno o disfrute con seus pais e se aloxen no mesmo cuarto.

Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:

Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ata o día 29 de decembro do 2017.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ata o día 8 de maio do 2018.

Para máis información e para poder tramitar a solicitude, póndense dirixir ós SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Arzúa, antes das datas indicadas para cada quenda.

Last modified: 22 diciembre, 2017

Comments are closed.