Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programa de excursións «Coñece o teu País» 2013

Programa de excursións "Coñece o teu País" 2013

O Departamento de Cultura informa que o Concello de Arzúa mantén o programa de excursións Coñece o teu país para este verán. A boa acollida que tiveron as viaxes programadas dende a Concellaría nas pasadas edicións animou aos responsables a darlle continuidade con novas visitas a diferentes lugares da xeografía galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro.

Así, de maneira totalmente gratuíta, os veciños e veciñas poderán realizar catro novas excursións ás catro provincias galegas. As datas nas que se levarán a cabo serán as seguintes:

  • Sábado 22 de xuño á provincia da Coruña, en concreto ao municipio de Dumbría. Nesta xornada poderase coñecer máis de preto a fervenza do Ézaro, moi coñecida porque o sue río, o Xallas, é o único de Europa que desemboca deste xeito directamente sobre o mar, e neste caso, sobre o Océano Atlántico. Nesta xornada tamén haberá tempo a visitar o Museo da Electricidade e a darse un baño nunha das praias da localidade.
  • Sábado 27 de xullo ao concello de Cervo na provincia lucense.
  • Sábado 31 de agosto saída á provincia de Pontevedra para coñecer o municipio de Barro.
  • Sábado 28 de setembro: visita á comarca de Monterrei (Ourense).

Segundo se indica dende o Departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deben achegarse persoalmente ao Departamento de Cultura, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas.

Todas aquelas persoas que desexen apuntarse á primeira viaxe organizada para o vindeiro 22 de xuño a Dumbría, poden facelo a partir do vindeiro luns, 10 de xuño, no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30 e as 15:00 horas.

Lembren que o a oficina do Departamento de Cultura está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Pai Pardo nº 33, no 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email